Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
REGRESANDO ÁS RAÍCES CELTAS CO SAMAÍN
Xa é tradicional celebrar dende hai anos o Samaín no noso cole. De orixe celta, esta festa celebra a chegada dunha nova estación, o inverno e con ela o ano novo celta. A través desta festa os máis novos toman conciencia da orixe celta, logo galega dunha celebración que en demasiadas ocasión chega como "orixinal yanki", cando foi todo ao contrario, os primeiros irlandeses que emigraron a EEUU levarón o Samaín que nos volve como Halloween.
As actividades realizadas froito da coordinación dos Equipos de: Normalización, Extraescolares e Biblioteca para conmemorarmos a festa do Samaín no CEIP O Grupo foron:
Día da Festa o 31 de outubro.
- Nas aulas traballouse a Unidade Didáctica do Samaín (lenda, tallar cabazas, debuxos…)
- Concurso de talla de cabazas: entrega das cabazas dos participantes entre os dias luns 27 e martes 28 de outubro.
- Contacontos:
- Contacontos con Benito Souto no 2º e 3º ciclos de primaria o Grande Capitán Benito Souto amosaranos a historia do Afundimento do buque Santa Isabel na Illa de Sálvora.
- Conto do Tío Lobo en infantil e 1º ciclo de primaria.
- Acendido das candeas e visita das aulas á exposición de Samaín 2008-09.
- Entrega dos premios aos gañadores do concurso de Samaín 2008-09.
- Recollida das cabazas da exposición.