Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
DEPORTE COMPETITIVO EN IDADE ESCOLAR
O Grupo como é habitual nos últimos anos ven participando en diferentes modalidades de Deporte en Idade Escolar, xa sexa na modalidade Polideportivo Cultural, sexa na tradicional Competitiva.
CAMPO A TRAVÉS: PREPARATORIA SAN ROQUE (Ribeira)
Reunindo a atletas desde benxamín ata cadete de Ribeira e vilas achegadas, reuniuse unha gran masa de deportistas. Esta proba servía para arrancar a tempada escolar 2008-09 de Campo a Través.
clica na imaxe para ver a galeria de imaxes
CAMPO A TRAVÉS: CLASIFICATORIA INTERCOMARCAL A POBRA
Logo de realizarmos a proba de campo a través anterior, no Parque Periurbán de San Roque, na que se elixiron aos tres mellores equipos femininos e masculinos de cada categoría, e tamén aos 6 mellores clasificados individuais que non estiveran incluidos nun equipo clasificado, reunimos uns cantos rapaces do Grupo para ir correr ás pistas de Atletismo da Pobra. Xuntamos a galería de imaxes dalgunhas instantáneas do evento.
Destacar o esforzo de tódolos participantes que acudían coa ilusión de seren os/as elexidos/as para representar ao cole.
Clica para ver a galeria de imaxes
ACTIVIDADE POLIDEPORTIVO CULTURAL: DEPORTE NA ESCOLA
Por primeira vez neste centro participamos coa colaboración de titores/as, nenos/as e familias, nesta interesante e recente modalidade polideportiva porque se practican varios deportes: voleibol, fútbol Sala, Baloncesto e balonmán, e por outra banda cultural porque se celebra un enfrontamento cultural por parellas dos dous centros que se enfrontan. Os equipos son mixtos en Primaria e participamos cun equipo de 2º e 3º ciclos de primaria, uns 20 nenos de cada ciclo enfrotáronse a doble partido con outros centros inscritos da comarca, neste caso nós, enfrontámonos co centro Pilar Maetzu de Pobra e co centro Santa María do Castro, en Cabo de Cruz (Boiro). O obxectivo deste programa non é gañar ou perder senón competir, convivir e practicar independientemente no nivel de habilidade diferentes modalidades deportivas se esquecer o enfrontamento de preguntas por parellas a preguntas e respostas. (enlace coas bases de deporte na escola (pdf)).
CADRECHE - GRUPO | GRUPO - CABO DE CRUZ | GRUPO - CADRECHE | CABO DE CRUZ - GRUPO |
Polideportivo Tomada | Polideportivo Fieiteira | Polideportivo Fieiteira | CEIP Santa Mª do Castro |
AGARDAMOS REPETIR PARA O ANO!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TODO_LIBRO_DEPORTE_NA_ESCOLA.pdf | 1.38 MB |
TODO_LIBRO_COMPETICION_DXTIVA.pdf | 2.01 MB |