O CORRELINGUA 2009 ESTE ANO NA POBRA

 

 

Grupo de 3ºB CEIP O Grupo no Correlingua 2009 

Hoxe pola mañán, martes 12 de maio de 2009, todo o alumnado de Primaria do Ceip o Grupo, encheu cinco buses dirección á Pobra para celebrarmos o Correlingua 2009.

Ao chegarmos demos un paseiño trouleando en galego por algunhas rúas da pobra ata que demos a saída desta carreira simbólica a prol da defensa da noso lingua galega. Os nenos/as de moitos sitios do Barbanza trouxeron pancartas e troula dabondo para facer festa polas rúas espertando a curiosidade dos habitantes da Pobra. Ao chegar a meta agardábanos unha grande explanada chea de rapaces e rapazas de Infantil, de Primaria e da ESO.

Uns nenos leron unhas verbas cuxo fondo era a defensa e o esforzo por manter a lingua galega. Logo o capitán Benito Souto do Grupo e a Grumete Quilla entretiveron aos asistentes con historias doutra das súas moitas viaxes. Logo chegou a quenda do grupo tetral "Fantoche Baj" e por último o cantante Hugo fixo brincar a nen@s e maiores.

Non vos perdades a galeria de imaxes, completiña!

clica para ingresar na galeria de imaxes