Que é a Educación Física e para que serve - Funcións da Educación Física.

QUE É A EDUCACIÓN FÍSICA



Nesta pequena entrada damos resposta a dúas cuestións fundamentais: quenes foron os primeiros en empregar o termo Educación Física e qué significa Educación Física.


O primeiro autor do que se coñece que empregou por primeira vez o termo Educación Física foi o polifacético John Locke na Inglaterra de 1693 e o francés Jacques Ballexserd en 1792 nunha conferencia titulada “Dissertation sur l' éducation physique des enfans, depuis leur naissance jusq' à l ' âge de puberté”. En España, a primera vez que se empregou oficialmente este concepto foi no curso 1893-1894 (Moreno, 1999).


Etimolóxicamente Educación Física está composto por un sustantivo (Educación) que provén de dúas raíces (educěre y educǎre) e por un adxectivo (Physis).



  • A raíz educǎre (criar, alimentar, dirigir, encaminar, adoctrinar…) correspondese cunha concepción pedagóxica centrada no mestre e nos coñecementos, o modelo tradicional de escola.

  • A raíz educěre (extraer sacar unha cousa de outra) correspondería a un modelo pedagóxico máis moderno de escola centrado no alumno e no proceso.

  • O adxectivo Física provén do latín physicǔs e este á súa vez do grego φύσις de phycis (Natureza).


Na literatura especializada atopamos varias definicións de Educación Física:



  • Blázquez (2001), citando a S. Giuliano, define a E.F. como “aquela parte da actividade que desarrolla por medio de movementos voluntarios e precisos as esferas fisiolóxica, psíquica, moral e social, contribuindo durante o desarrollo  á formación dunha mellor personalidade do futuro do home”. E tamén : “A Educación Física pódese considerar como una verdadeira pedagoxía das condutas motrices dos individuos. A súa finalidade é a educación e o medio empregado a motricidade”.

 



  • Para Bucher (1999), a Educación Física “é unha parte integral do proceso total educativo e ten como propósito o desarrollo de cidadans física, mental, emocional e socialmente sans, a través do medio das actividades físicas que se seleccionaron con vista a lograr estos resultados”.

 



  • Lemos en Calzada (1996): “A Educación Física é o desarrollo integral do ser humano a través do movemento”. O termo integral refirese a tódalas dimensións do ser humán, a saber: físico (corpo), mental (intelixencia), espiritual e social.

 



  • Cecchini (1996): “A Educación Física é toda ciencia ou actividade que xire en torno ao feito de educar empregando o movemento humán. Polo que esquecer calquera dos dous aspectos (feito educativo e feito motor ) supón falsear a realidade”.

 



  • Gagigal (1979) afirma que a Educación Física, considerada como unha "ciencia aplicada da Kinantropoloxía, é o proceso, o sistema de axudar ao individuo no correcto desarrollo das súas posibilidades persoais e de relación social con especial atención ás súas capacidades físicas de movemento e expresión".

 



  • Lumpkin (1986): “Un proceso a través do cal un individuo obtén destrezas óptimas físicas, mentais e sociais e y aptitude física a través da actividad física”.

 



  • Nixon & Jewllet (1980): “A única diferencia entre a Educación Física e outras formas de educación é que a Educación Física ten que ver principalmente con situacións de aprendizaxe e respostas dos estudantes que se caracterizan por movementos abertos/públicos, tales como deportes acuáticos, baile e exercicios ”.

 



  • Vannier & Fait: “A Educación física é parte do currículo escolar cuxa finalidade é  o desarrollo dos educandos física, social, mental e moralmente, de modo que se convirtan en cidadáns ben balanceados, intelixentes, saudables, responsables e felices para l democracia”.

 


 


FUNCIÓNS DA EDUCACIÓN FÍSICA


Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007).
A educación física é un camiño cara á educación total que utiliza o dito movemento como axente  pedagóxico con diversas funcións:



Función de coñecemento. A E.F.  permite coñecerse a si mesmo/a, desarrollar experimentar, descubrir o entorno, os demais... Autores como Piaget defenden que o movmento e o pai e nai da intelixencia, dado que desde que nace, tódalas experiencias e por ende as conexións neuronais que realiza, saen do movemento: tocar, chupetear, oler, oir, gatear, arrastrar...



Función de organización perceptiva. A psicomoticidade e a E.F. son unha excelente axuda para a grafomotricidade e para a lectura, axudando a percibir formas espaciais: orientacións, direccións, sons, huellas motrices... o corpo e os movementos achegan unha realidade tanxible a unha realidade de conceptos abstractos. Desenvolve a percepción do propio corpo, o esquema corporal ou imaxe do seu corpo, estrutura o espazo, as nocións topoloxicas, e as intanxibles nocións temporais de orde, duración, continuidade, intensidade...).



Función anatómico-funcional. O movemento educativo favorece o noso corpo:no só favorece o crecemento de aspectos tan importantes como conquerir un pico de masa ósea importante para de maior non padecer osteoporose, ou manter uns niveis de masa grasa contidos, para evitar o temido síndrome plurimetabólico (diabete, hipertensión, hipertiglicéridos e hipercolesterolemia) tamén nos axuda a conseguir obxectivos con eficacia e eficiencia, mellora a nosa habilidade para desplazarnos, saltar, xirar, xogar, conducir...



Función estético/comunicativa. O movemento como acto motor e o executante poden traballar a estética de ambos e comunicar sensacións, ideas, estados de ánimo. Nas clases traballase expresión corporal, desinhibición, bailes, aeróbic, mimo, a competenza comunicativa oral, escrita e corporal son competenzas básicas na actualidade.



Función de relación e social coas demais persoas. A nosa área mellora a socialización, ensina a compartir, perdoar, axudar, respectar, a coñecer xente nova e diferente.



Función agonística. Permite competir, a competición e unha necesidade que nos deixa a posibilidade de apernder a esforzarse, a superar as frustracións e limitacións persoais puntuais ou permanentes, permite medirse cos outros compañeiros/as e aprender. Agón en Latín significa esforzo, superación, competición, enfrontamento. A competición non é boa nin mala, esta ahí na sociedade, no traballo, no tempo libre, na familia, e para saber competir debemos ensinar a competir: saber gañar, saber perder, ser humilde na victoria e respectuoso na derrota, ter respecto a nós mesmos e aos demais.



Función hixiénica. A actividade física regular, sistemática, estruturada, dirixida por persoal competente prevén e palía numerosas patoloxías. Hoxe esta función tórnase básica dadas as actuais características de estilo de vida tan pouco saudables: prácticas de risco, mala alimentación, sedentarismo. As tres principais causas de norte da poboación adulta o cáncer, as enfermidades coronarias e cardiovasculares e os accidentes de tráfico poderianse evitar con estilos de vida saudables. Na nosa área incidimos na hixiene postural, hábitos de aseo e hábitos alimentarios.  



Función hedonista. Sempre da cancha para liberar endorfinas e alegra-lo corpo, unha pelota é un obxecto máxico que orixina sorrisos e atrae a meniños/as. O hedonismo é pasalo ben, disfrutar, o equivalente benigno natural ao efecto das drogas, alcohol, estimulantes alucinóxenos... practica actividade física! Non che fará falla ningunha "axuda" para te divertir, ten tantas  modalidades que toda persoa pode atopar algo co que disfrute. 



Función de compensación. Fronte á vida sedentaria estudiantil ou adulta de traballo en posición sedente ou facilitadas por multitude de maquinarias o esforzo diario das persoas é cada década moito menor. Pensade por un intre canto traballo teriamos que facer se non houbese máquinas: ascensores, coches, esprimidores, cafeteras. Cada vez nos movemos menos e o corpo humán necesita actividade física tres veces á semana como mínimo media hora cada sesión, segundo recomenda a ACSM. 



Función catártica. Momentos de tensión permiten  unha canalización positiva a través da actividade física, unha boa camiñata, carreira ou sesión de golpeos contra un saco de area poden aclarar moitas ideas e baixar moitos fumes. Moitas baixas laborais producense por stress, a través da actividade física pódense liberar esas tensións internas.