Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
XORNADA DEPORTE NA ESCOLA : ATLETISMO E NATACIÓN
O próximo día 20 de maio de 2009 acudiremos cunha selección mixta de alumnado de segundo e terceiro ciclo a Boiro para ter unha Xornada de Deporte na Escola, modalidades de Atletismo e Natación.
En Atletismo disputaremos unhas probas individuais: 10x10, saltos laterais a pes xuntos en 30", lanzamento de balón medicinal e lanzamento de dardo "xavalina". e dúas probas colectivas de relevos: relevos sen obstáculos e con obstáculos.
En Natación realizaremos probas individuais de estilos e unha de relevos estilo libre.
O obxectivo non é a mera competitividade, senón coñecer e practicar estes deportes, á vez que convivimos con alumnado dos centros: de Cadreche (Pobra) e de Cabo de Cruz (Boiro).
Logo da xornada colgaremos na web as imaxes e comentarios do evento.