Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
SUPERFESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2009 A RAMÓN PIÑEIRO
Hoxe, xoves 7 de maio de 2009, celebramos no salón de actos do Auditorio Muinicipal de Ribeira o Festival das Letras Galegas no noso cole do Grupo. Desde as 9 da mañanciña que comenzamos cos preparativos do grupo de Infantil e 1º ciclo de Primaria, ata a 1:30 pm que rematamos coa última actuación da segunda quenda cos alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Primaria, non paramos de disfrutar, admirar, escacharnos coa risa, sufrir por se nos tocaba a bici da rifa, jejeje. A verdade é que "molou", molou cantidade.
Tivemos de tódolos xéneros artísticos: homenaxes a Ramón Piñeiro, canción, teatro, números circenses, actuacións musicais, poemas, baile rexional, paiasos, un sorteo dunha bici entre os asistentes...
Todo isto quedou "jrabado" para a posteridade nalgunhas das instantáneas que podedes ver máis abaixo no enlace á galeria de imaxes ou na montaxe que levarán tódalas familias do centro ao final de curso. Dous "cineastas afecionados" grabamos tódalas actuacións para compartir cos, seguramente fachendosos papás e mamás do rapaces/as, e non é para memos, asegurovolo.
Agardamos que vos gusten tanto coma aos poucos que puidemos ver tódalas actuacións. é unha magoa que o aforo sexa tan limitado para tanta xente, asi que como compensación ahi tendes un aperitivo.