Charla da Policía Nacional

Charla sobre as drogas e os perigos de Internet

O pasado martes, 12 de Abril tres membros da Policía Nacional acudiron ao noso centro co obxectivo de informarnos do perigo que corren os nosos fillos e alumnos por causa das drogas e do mal uso de Internet.



Aportáronnos todo tipo de información sobre as drogas e de como podemos evitar que os nosos nenos e nenas caian nese mundo.

 

Déronnos bós consellos para que os fillos e fillas usen o ordenar e Internet dunha maneira apropiada . Aquí vos deixo un decálogo sobre o correcto uso da rede e un vídeo como conclusión.


Preme na imaxe para acceder ao decálogo.

A charla resultou do máis enriquecedora. Moitas grazas á Policía Nacional.

PENSAO ANTES DE PUBLICAR