Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O OUTONO NA MÚSICA
Nesta estación do ano os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria e de infantil do último curso coñeceron un compositor moi popular entre todos nós.
O seu nome é Vivaldi, Antonio Vivaldi. É un dos compositores máis coñecidos da historia da música polas súas composicións como "As catro estacións" que o fixeron sumamente popular. Foi coñecido no seu tempo polo alcume de "O Cura roxo" pola cor do seu cabelo.
Como estamos no outono, vivenciamos a súa música de formas diferentes: ben collendo e tirando as follas que nos atopamos polo chan nesta estación, seguindo un musicograma con imaxes ou evocando imaxes a través do seu lánguido 2º movemento da estación do outono. Con estas evocacións, os nenos e nenas de 1º fixeron uns debuxos ao redor do clave e cuarteto de corda que escoitamos na audición
Este foi o noso outono na música. Se queres ver con mais detalle os nosos traballiños preme no violín que tanto empregou Vivaldi nas súas obras.
»