FERRAMENTAS INTERESANTES PARA A LINGUA GALEGA

 DICIONARIOS DE REFERENCIA DA LINGUA GALEGA

   DICIONARIOS MONOLINGÜES XERAIS
  • Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA). Dicionario ortográfico normativo do galego, cunhas 50.000 entradas, adaptado ´s normas aprobadas pola RAG no 2003, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección dos profesores Manuel González e Antón Santamarina.

 http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.do

  • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG). Dicionario en versión electrónica que conta cunhas 20.000 entradas. Non contempla as normas aprobadas no 2003. De libre consulta.

http://www.edu.xunta.es/diccionarios.

  • Dicionario e-Estraviz. Versión electrónica actualizada do dicionario de Estraviz (1995), conta cunas 90.000 entradas redactadas en normativa reintegracionista. Libre consulta.

http://www.agalgz.org/estraviz/.

  • Dicionario de Galego (CRTVG). Dicionario normativo de 7.200 entradas non adaptado ás normas robadas pola Real Academia Galega en 2003. De libre consulta.

http://www.crtvg.esadicc/portada.htm.

   DICIONARIOS MONOLINGÜES ENCICLOPÉDICOS 
  • Galipedia. Enciclopeda electrónica reticular hipertextual en proceso de redación colaborativa por voluntarios a través da web. Está asociada á enciclopedia internacional plurilingüe Wikipedia.

http://gl.wikipedia.org

   DICIONARIOS BILINGÜES XERAIS SEMASIOLÓXICO DESCRIPTIVO BASEADO EN CORPUS
  • Dicionario CLUVI inglés-galego. Dicionario bilingüe inglés-galeg elaborado a partires do corpus paralelo CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo), que conta con máis de 10.000 acepcións ilustradas con exemplos documentados nos textos en inglés traducidos ao galego recompilados no ClUVI.

http://sli.uvigo.es/CLIG

   CORRECTORES ORTOGRÁFICOS
  • 2.mil3. Corrector para paquete Ofiice 2000,XP  e 2003 (Windows). última versión do corrector ortográfico de galego para Microsoft Office. Contempla as normas aprobadas pola Real Academia Galega no 2003. Desenvolvido por Imaxin Software para a Xunta de Galicia. A descarga deste corrector é gratuíta desde a páxina web de Imaxin Software.

http://www.imaxin.com

  • Corrector para OpenOffice (Windows. linux e MacOS) Corrector ortográfico de galego para o paquete ofimático OpenOffice.org adaptado á normativa da RAG de 2003. Desenvolvido polo Seminario deLingüística Informática da Universidade de Vigo e Imaxin Software para o Centro de Supercomputación de Galicia. Inclúe 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos, 1500 topónimos e 300 xentilicios. Pódese descargar no enlace.

http://www.mancomun.org/

  • Ortogal. Corrector ortográfico en liña de galego. É un servizo en liña de corrección  ortográfica do galego ofrecido polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Contempla as normas aprobadas pola RAG en 2003. Inclúe 25 millóns de palabras, correspondentes a unhas 60.000 raíces, inclúe ademais unha longa lista de topónimos e nomes e apelidos galegos. Ortogal permite corrixir a ortografía dos textos en galego sen necesidade de instalar nada no ordenador simplemente copiando e pegando o texto no recadro que presenta o corrector.

http://sli.uvigo.es/corrector/

   OUTRAS APLICACIÓNS
  • Cotovía. Sistema de conversión texto-voz desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías do Sinal da Universidade de Vigo. Pódese probar unha versión de demostración na web do enlace.

http://www.gts.tsc.uvigo.es/cotovia/

  • é-galego. Curso multimedia de galego, nivel intermedio dirixido a falantes de castelán, elaborado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. De seguimento libre na web do enderezo.

http://e-galego.cesga.es