Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
PROXECTO LECTOR
PROXECTO LECTOR DE CENTRO
Curso 2010/2011
CEIP O GRUPO
RIBEIRA (A CORUÑA)
Índice
1.- Introducción
2.- Análise do contexto
3.- Obxectivos.
4.- Principios de actuación didáctica.
5.- Proceso de ensinanza aprendizaxe.
- Concreción de obxectivos.
- Tarefas da lectura.
- Tratamento das dificultades da aprendizaxe.
- Tarefas extraescolares relacionadas coa biblioteca.
6.- Familias e entorno.
- Relación, colaboración con familias.
7.- Recursos:
- materiais
- humanos
8.- Formación do profesorado.
9.- Avaliación do P.L.C.
PROXECTO LECTOR DE CENTRO
1. Introducción
O proxecto lector de centro permite contemplar a lectura e a escritura como unhas destrezas de carácter transversal que impregnan todo o currículo escolar. Ambas son competencias básicas que resultan esenciais para facer posible a aprendizaxe ao longo da vida; o desenvolvemento da competencia lectoescritura axuda a integrar e adaptar as persoas á sociedade e potencia a construción de coñecementos nas distintas áreas. Por iso , o PLC, adaptado ás características e circunstancias do noso centro, pode resultarnos un instrumento moi útil para a adquisición das competencias básicas, propiciando unha práctica educativa baseada na aprendizaxe significativa.
O marco normativo que regula o PLC atópase nos artigos 19, 24 e 26 da LOE , que establece que a lectura na ensinanza básica será traballada dende todas as áreas,dedicando un tempo diario á mesma na Educación Primaria e considerándoa esencial na evolución das diferentes competencias básicas. O artigo 113 da mesma lei regula o papel das bibliotecas escolares , que será un eido de grande relevancia na execución do PLC.
O PLC permitiranos realizar unha planificación seria e sistemática da lectura , contextualizada no noso centro, tendo en conta as nosas señas de identidade, as características do alumnado que este centro acolle, o profesorado e as necesidades reais do contexto no que se vai desenvolver .
É un proxecto de intervención educativa integrado no proxecto educativo de centro que persegue o desenvolvemento da competencia lectora e escritora no alumnado , así coma o fomento do hábito lector e o desenrolo da alfabetización informacional, froito dunha actuación planificada e coordinada dos procesos didácticos.
Nel incluiremos principios xerais e estratexias didácticas que impulsen o progreso das competencias básicas e das áreas curriculares. Recollerá actuacións globais que involucren aos distintos ciclos e ao conxunto do centro. Precisaremos ter en conta aspectos de organización , funcionamento e integración curricular da biblioteca escolar , concibida como un centro de recursos para a ensinanza e a aprendizaxe .
O PLC será o eixe que articule o desenvolvemento das demais competencias básicas; así coma unha ferramenta para a mellora educativa. A súa realización responde a unha necesidade obxectiva: a realidade das aulas evidencia un dominio insuficiente do alumnado na competencia lectora. Por outra banda, as prácticas escolares relacionadas coa lectura e a escritura poucas veces se plantexan en conexión cos usos sociais e culturais que a lingua escrita ten na vida cotiá. Hai que engadir a isto, tamén, que a educación en habilidades de información e en técnicas documentais foi pouca, e isto reclama unha revisión de concepcións, estratexias metodolóxicas e actividades que viñan caracterizando o traballo lector no noso centro .
Pode contribuír a ese cambio educativo, que se valora necesario para o desenvolvemento das competencias básicas, se o configuramos coma un eixe organizativo e didáctico capaz de impulsar o avance lector en conexión co traballo nas diversas materias .
A inclusión das competencias básicas no currículo cumpre, entre outras, a finalidade de permitir aos rapaces integrar as súas aprendizaxes e poñelos en relación cos diferentes tipos de contidos para usalos de maneira efectiva cando lles resulten necesarios, en diferentes situacións e contextos.
Por todo o ata aquí exposto, O PLC terá como finalidade :
- Integrar as aprendizaxes relacionadas coa competencia lectora e informacional.
- Potenciar o carácter instrumental destas aprendizaxes .
- Integrar a aprendizaxe lectora en todo o currículo e facer un tratamento integral dela.
Por tanto, elaborase este PLC para o CEIP O Grupo, partindo dunha análise do contexto, plantexándonos uns obxectivos e marcando uns principios de actuación didáctica. Estes plantexamentos xerais concretaranse no proceso de ensino-aprendizaxe mediante:
- A concreción de obxectivos, principios e estratexias de actuación para cada área curricular e competencia básica .
- Tarefas globais e interdisciplinares de promoción da lectura e escritura.
- O tratamento das dificultades da aprendizaxe e a atención á diversidade.
- Tarefas relacionadas co programa anual de actividades extraescolares e complementarias, e tamén relacionadas coa apertura do centro á comunidade .
- Valoraranse os recursos necesarios e os dispoñibles, así coma as necesidades de formación do profesorado .
2. Análise do contexto
O C.E.I.P. O Grupo atópase no concello de Ribeira ( Coruña ) , é un dos cinco centros que existen nesta localidade, ten unha matrícula de 443 alumnos. Está situado no centro da cidade, que debido ó intenso aumento da edificabilidade, permite unha estabilidade demográfica e un equilibrio de matrícula no noso Centro.
A área de influencia do Colexio comprende a grupos sociais urbanos (mariñeiros traballadores de industrias e servizos). Nos últimos cursos estamos recibindo poboación emigrante procedente de Latinoamérica e Marrocos, cos problemas de adaptación que lle son propios.
3. Obxectivos Xerais
- Adquirir e desenvolver a competencia lecto-escritura e o hábito lector.
- Potenciar a alfabetización na información en distintos soportes.
- Fomentar o pracer pola lectura
- Crear e consolidar o hábito de lectura diaria.
- Estimular o emprego de metodoloxías activas e aprendizaxes máis significativas.
- Orientar á comunidade educativa sobre os plantexamentos asumidos no ámbito da
ensinanza da lectura, impulsando a participación do alumnado e das familias na
creación dun ambiente lector.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS CON RESPECTO A :
CENTRO
1. Favorecer a integración curricular da lecto-escritura e da alfabetización en
información.
2. Permitir a interrelación didáctica de aspectos anteriormente considerados
compartimentos estancos.(aprendizaxe inicial da lecto-escritura, hábitos de lectura e
escritura e alfabetización en información, etc..)
3. Potenciar a lectura de libros e lecturas noutros soportes, textos escritos e mensaxes
icona –verbais, textos de carácter informativo e de ficción.
4. Respectar e favorecer os gustos lectores dos alumnos potenciando a súa autonomía de
cara á selección dos textos.
5. Crear un clima e unha cultura lectora en todo o centro.
6. Facer da biblioteca un centro de documentación, información e recursos aportando ó
centro uns materiais axeitados e o espazo dispoñible.
BIBLIOTECA
7. Propiciar o funcionamento da B.E. como centro de recursos para o ensino e a
aprendizaxe.
8. Favorecer a consulta nas diferentes fontes de información:
- desenvolvemento de proxectos.
- práctica en educación documental.
- realización de traballos de investigación.
9. Actualizar e dinamizar a biblioteca.
10. Actuar como elemento compensador das desigualdades sociais presentes no noso
entorno.
11. Impulsar a colaboración con outras institucións do entorno (Bibliotecas públicas,
Concello, etc.)
PROFESORADO
12. Estimular o traballo cooperativo e a innovación educativa favorecendo o intercambio
de criterios e experiencias en torno o desenvolvemento, a evolución lecto-escritora e a
educación en habilidades de información.
13. Fomentar no alumnado a aprendizaxe comprensiva , espertando nel unha actitude
positiva cara á lectura.
14. Favorecer a creación literaria espontánea e creativa dos alumnos fomentando a súa
autoestima.
4. Principios de actuación didáctica
Teremos en conta unha serie de principios para convertelo P.L.C. nun instrumento efectivo que favoreza o desenvolvemento curricular e a mellora educativa:
1. Considerándoo un instrumento de planificación educativa que parte da análise das nosas necesidades , no noso contexto : tendo en conta as características do alumnado , as prácticas didácticas do profesorado os recursos do centro o papel das familias e o funcionamento da biblioteca escolar.
Partindo da situación do noso entorno na que nos atopamos cos dous polos opostos no gusto e valoración da lectura, contando con unha porcentaxe elevada de alumnado ricamente estimulado neste campo e con outra porcentaxe tamén importante que valora pouca a lectura e non dispón no seu ambiente da estimulación axeitada; consideramos que un principio de actuación sería ofertarlles medios, materiais, tempos e incluso situación que lles permitan descubrir, disfrutar e valorar a lectura.
2. Favorecendo a integración curricular da lectoescritura e da alfabetización en información.
A integración curricular supón desenvolver actividades que aborden obxectivos curriculares de cada área do coñecemento, aspectos concretos das competencias básicas e obxectivos relacionados coa competencia lectoescritora e a alfabetización informacional.
Non se demanda unha materia nova con un tempo específico, senón a implicación e a cooperación de todo o profesorado desde o seu nivel e materia e unha maior motivación do alumnado cara a lectura e a escritura.
Integrarase en todas as áreas do currículo a lecto-escritura e a alfabetización informacional, formando parte do proceso de ensino-aprendizaxe habitual.
3. Facendo do PLC un referente didáctico para o profesorado na elaboración e aplicación das programacións docentes : non será un anexo ao resto dos plans educativos do centro nin un capítulo para obxectivos relacionados coa lectoescritura, senón que influirá neles cunha relación de interdependencia. O desenvolvemento da competencia lectora plantexarase coma un proceso a longo prazo que se construirá sobre actividades habituais integradas no currículo, permitindo a interrelación didáctica de aspectos que viñamos considerando coma compartimentos estancos ( aprendizaxe inicial da lectoescritura, desenrolo da comprensión lectora e expresión escrita alfabetización en información, ler para aprender ...) Potenciaranse actividades orientadas á lectura de libros, pero tamén de textos electrónicos e noutro tipo de soportes , de textos informativos e de ficción, etc.
Favorecerase as actividades de pescuda da información en diferentes soportes.
4. O funcionamento da biblioteca escolar coma centro de recursos para o proceso de ensino e aprendizaxe será un punto fundamental. A biblioteca escolar ten que ser un recurso básico no desenvolvemento de todas as áreas e materias , un instrumento de apoio á aprendizaxe: favorecendo a consulta de diferentes fontes de información, a realización de proxectos ,a introdución de prácticas en educación documental a promoción da lectura , a realización de traballos de investigación. A súa apertura á comunidade e servirá como elemento compensador de desigualdades sociais .
A biblioteca ten que ser o centro de recursos para todas as áreas, favorecendo a consulta de diferentes fontes de información e ofertando espazos e tempos que favorezan a educación documental e promoción da lectura.
Actuará como compensador das desigualdades sociais do centro, permitindo que todo o alumnado teña acceso a todas as fontes documentais. Intentando que aquí a colaboración do profesorado sexa plena pois é fundamental.
5. O PLC estimulará o emprego de metodoloxías activas e aprendizaxes máis significativos para o alumnado: integrando a lectura e a escritura no desenvolvemento das diversas materias potenciaremos a progreso da competencia lectoescritora e informacional na medida en que propiciemos prácticas docentes cada vez menos reprodutivas ( merece especial atención o emprego de diferentes fontes de información , o traballo con proxectos documentais, etc.)
O principio de actuación didáctica que rexerá o noso facer diario nas aulas basearase no desenrolo das competencias básicas propiciando a aprendizaxe significativa.
6. A potenciación do traballo cooperativo do profesorado: Porque o PLC implica a todo o claustro e a todas as áreas e vai favorecer o intercambio de experiencias e criterios en torno ao desenrolo lectoescritor e a educación en habilidades de información .
É necesario o traballo cooperativo do profesorado cuns criterios comúns, igual que unha formación continua en habilidades da información.
7.- O PLC será un elemento dinamizador da lectura e das novas alfabetizacións , tanto no centro coma no seu contorno. Por iso orientaremos á comunidade educativa sobre os plantexamentos asumidos no ámbito do ensino e aprendizaxe da lectura , e impulsarase a participación do alumnado e das familias na creación dun ambiente lector no centro e no fogar . Orientarase, informarase e formarase ás familias , implicándoas como protagonistas activos no obxectivo común de fomentar a lectura e a escritura, de utilizar a biblioteca e manexar fontes documentais diversas .
A colaboración coas familias deberá ser un eixe fundamental para levar a cabo este proxecto lector, o cal requirirá unha información permanente entre o centro e as familias, sendo elas coñecedoras do enfoque que se pretende dar o proxecto orientándoos e formándoos para lograr unha mellora educativa
8. Neste proxecto tamén se contemplará a colaboración con outras institucións que interveñan con obxectivos comúns, aínda que dende perspectivas diferentes, na promoción da lectura e da escritura ( bibliotecas públicas, concello, librerías, etc.)
Posibilitarase a apertura de biblioteca en horario extraescolar que permitirá o acceso ao centro en horas non lectivas na que as familias e alumnado poidan dispoñer dun espazo e recursos que non posúen no seu fogar. O profesorado facilitará a súa apertura de luns a xoves, en horario de 16 a 17:30 h.
Por tanto, elaborase este PLC para o CEIP O Grupo, partindo dunha análise do contexto, plantexándonos uns obxectivos e marcando uns principios de actuación didáctica. Estes plantexamentos xerais concretaranse no proceso de ensino-aprendizaxe mediante:
- A concreción de obxectivos , principios e estratexias de actuación para cada área curricular e competencia básica .
- Tarefas globais e interdisciplinares de promoción da lectura e da escritura.
- O tratamento das dificultades da aprendizaxe e a atención á diversidade.
- Tarefas relacionadas co programa anual de actividades extraescolares e complementarias, e tamén relacionadas coa apertura do centro á comunidade.
- Valoraranse os recursos necesarios e os dispoñibles, así coma as necesidades de formación do profesorado.
- Este PLC someterase a un proceso de revisión e avaliación permanente, que facilite realizar os cambios pertinentes no mesmo, para axustalo mellor ás necesidades do noso centro e ao contexto no que está inmerso .
5. Proceso de ensinanza aprendizaxe: Concreción dos obxectivos, principios e estratexias de actuación para cada área curricular e competencia básica
As estratexias e principios de actuación relacionadas co PLC que se desenvolverán en cada área curricular e que contribuirán ao desenvolvemento de competencia lectora e informacional, o fomento do hábito lector empregarán todas as actividades cotiás da aula e o desenrolo das competencias básicas.
CONCRECIÓN DE OBXECTIVOS PARA CADA ÁREA:
- Fomentar a competencia lectora nas distintas áreas.
- Realizar pescudas de información en distintos soportes para cada área.
- Facer uso da biblioteca escolar como centro de documentación.
- Favorecer a aprendizaxe comprensiva.
Todos estes obxectivos permitirán acceder ás diferentes competencias básicas do alumnado (competencia lingüística, matemática, dixital, aprender para aprender, etc.) nas diferentes áreas do currículo
TAREFAS GLOBALES E INTERDISCIPLINARES DE PROMOCIÓN DA LECTURA E ESCRITURA
a) Plan lector: Unha tarefa fundamental da posta en práctica do Plan Lector que consiste en trinta minutos diarios dedicados en todo o colexio a lectura. Serán os distintos ciclos de E.I. (despois do recreo) e E.P. (antes do recreo) os que fixen o horario de aplicación e abrangue a todas as materias. A lectura pode ser:
- Silenciosa e libre
- O mestre le para o alumnado.
- A alumnado pode ler en voz alta, etc.
b) Xestión de biblioteca: Os fondos de biblioteca están catalogados no Programa Meiga. Hai unha biblioteca centralizada da que se poden levar en empréstito lotes de libros que axudan a conformar a biblioteca de aula.
A biblioteca está xestionada polo coordinador de biblioteca e coa colaboración dun equipo de profesorado.
Fomentarase a lectura en sala, pero tamén se potenciará o servizo de empréstito á casa axeitaranse os tempos e os modos para que todo o alumnado dispoñan, ben sexa en horario lectivo ou en tempo de lecer dun momento para ir á biblioteca a facer uso deste servizo.
c) A biblioteca terá en conta as necesidade de toda a comunidade educativa, sendo ben certo que o alumnado é un pilar fundamental,non é menos que o conxunto da comunidade ten ansia de ler, por iso a biblioteca dedicará seccións a nenos, na rama literaria e documental, pero tamén terá un espazo para literatura de adultos. Pais, mestre persoal non docente, etc.atoparán aquí material bibliográfico do seu interese, tanto de carácter pedagóxico como estritamente literario.
d) A educación en técnicas documentais e as habilidades de información: necesidade de aprender a prender ten que propiciar a parte en práctica de estratexias de pescuda de información en diferentes soportes; a formación documental non vai ser exclusiva dunha determinada área en materia senón que se tentará que esta forme parte dunha educación integral, terá como material base a biblioteca, que aportará documentación e medios técnicos( ordenadores, e ...) e como recurso persoal estará todo o profesorado, promovendo actividades de pescuda de información, favorecendo a consulta de diferentes fontes bibliográficas, propoñendo traballos de investigación, etc.
e) As actividades de animación á lectura: a achega ao centro de autores e ilustradores a presenza de actividades de contacontos, as celebracións especiais (día do libro, ano de...) certames literarios, xogos de pescuda de información etc. Pretenderán espertar o interese do alumnado pola lectura e o gusto pola escritura, servirán de motivación para acercar os libros aos cativos.
f) Coordinación biblioteca-Tic: axudará á formarnos en técnicas de pescuda de información e formación documental. Os recursos coordenados de ambas enriquecerá a actividade educativa cotiá.
TRATAMENTO DAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE
Sendo o desenvolvemento da competencia lectora un pilar básico sobre o que se sustenta a consecución de numerosas aprendizaxes; faise preciso ten en conta pautas de actuación educativa que permitan ao alumnado con dificultades de aprendizaxe relacionadas coa lectura e a escritura afrontar ditas dificultades e pouco a pouco ilas superando para iso:
- Dispoñerán de profesorado de apoio (dentro e fóra da aula) que poñerán en práctica
medidas de apoio ou reforzo para desenvolver a competencia lecto-escritora
- Formación de clubs de lectores que estimulen o interese pola lectura neste grupo de
alumnado.
TAREFAS EXTRAESCOLARES RELACIONADAS COA BIBLIOTECA
A apertura do centro á comunidade e axudar a eliminar as desigualdades sociais, tan presentes no contorno do noso centro que se traducen nun elevado índice de fracaso escolar..
6. Familias e entorno
RELACIÓN E COLABORACIÓN COAS FAMILIAS
A familia ocupa un ámbito educativo básico que debemos ter en conta á hora de dar forma ao proxecto lector do centro. Contemplaremos accións que favorezan a implicación dela na promoción da lectura e da escritura nos rapaces.
Realizando sesións informativas:onde se lles explique como axudar a mellorar a competencia lectora dos seus fillos e fillas ( charlas – coloquio organizadas polo D.O.)..
Creando un ambiente de lectura en familia (recordemos que se os rapaces ven á súa familia lendo, tamén eles terán máis interese pola lectura). Para iso potenciaranse actividades de lectura en familia. Ex. as mochilas viaxeiras;pescudas de información para traballos en familia, etc.
Tendo ben dotada a sección de libros para adultos a biblioteca do centro, a cal atraerá a estes lectores maiores e creará exemplo nos máis pequenos.
Valorando a participación das familias en actividades escolares: lendo para os máis pequenos.
COORDINACION CON OUTRAS INSTANCIAS DO ENTORNO
Dende o centro buscarase a colaboración con outras instancias para favorecendo desenrolo a competencia lectora e escritora:
- Colaboración coa biblioteca municipal.
- Exposicións en colaboración con librerías do entorno (feiras do libro).
- Participación en actividades ofertadas por outras institucións (Concello, Deputación...)
que fomenten a lectura e a escritura. ( semanas do libro, animación a lectura, exposicións, contacontos...
7. Recursos
Os recursos para facer operativo o PLC e desenrolalo axeitadamente serán de dous tipos:
Recursos materiais. A presenza no centro de material bibliográfico abundante, a dotación de ordenadores nas aulas con conexión a internet, a existencia dunha biblioteca ben equipada a nivel de volumes e de soporte informático . A inversión nun ambiente estético agradable, que facilite o uso da biblioteca como recurso frecuente nas tarefas de investigación e documentación, que posibilite o traballo co alumnado na sala, así como a dotación dun soporte audiovisual estable que permite un acceso fácil e rápido ás novas tecnoloxías (ex. Canon de vídeo, pantallas, ordenadores, etc.) .todo posibilitará que a competencia lectora e escritora reciba un impulso importante.
É fundamental distribuír tempos para cada grupo de alumnos a fin de optimizar os recursos dispoñibles, que poderán ser tempos semanais fixos en tempos semanais variables en función das necesidades de cada titor.
Recursos humanos : resultan imprescindibles e serán o eixe que articule todo o PLC. A disposición do profesorado, o interese por un enfoque metodolóxico baseado na aprendizaxe significativa , que valore a educación en habilidades de información e fomento o hábito lector en todas e cada unha das áreas do currículo servirá de sustento a este PLC, só coa súa colaboración pode ser posto en práctica.
NECESIDADES
É de necesidade no centro a figura dun bibliotecario que atenda a biblioteca a tempo completo.
É necesaria a presenza de mais profesorado de apoio que permita axudar a atender os grupos máis masificados do centro, en especial no tempo que se dedique á pescuda de información e as técnicas documentais.
É preciso dotar ás bibliotecas de aula con recursos suficientes para levar a cabo un enfoque metodolóxico máis activo e menos reprodutivo.
8. A formación do profesorado
A formación do profesorado ten un papel fundamental de apoio os procesos de ensinanza-aprendizaxe da lectura, non só para a actualización de cada profesor/a, naqueles aspectos que precise senón tamén para apoiar procesos de reflexión que hai que levar a cabo nos centros educativos para coordinarse entre os distintos niveis ou ciclos do centro.
Así, pois, será preciso primar accións formativas non só de carácter individual senón, sobre todo, de carácter colectivo, no contexto do centro, de xeito que se poidan atopar solucións ós problemas que se vaian atopando.
Nesa dirección, cobra maior sentido unha formación centrada nos problemas reais do centro, en relación con desenvolvemento da competencia lectora e do hábito lector, e unha formación que se basee nos procesos de reflexión a partir de problemas reais para buscar solucións eficaces.
De este xeito, a formación permanente é un eixe fundamental, xa que pode exercer de apoio e recurso de todos eles.
Para iso estableceranse uns obxectivos básicos dentro da formación permanente do profesorado que poderían ser:
Outorgar á lectura un ámbito de actuación prioritario nos plans de formación, incluíndo neles actuacións e formación referidas a modelos para a ensinanza da lecto-escritura como de estratexias para o desenvolvemento da competencia lectora.
Establecer itinerarios formativos que permitan distintos niveis de formación ó profesorado e que ofrezan diferentes modalidades de formación.
Potenciar a innovación dos procesos de ensinanza no campo da lectura.
Favorecer a concienciación do profesorado no seu papel de mediador nos procesos de desenvolvemento da competencia lectora e do hábito lector.
Impulsar o intercambio de experiencias, materiais e recursos en relación co ámbito da lectura.
Para iso deberían establecerse as seguintes actuacións:
1. Proposta de diferentes itinerarios formativos que axuden a desenrolar os obxectivos deste Plan Lector
2. Planificación de determinadas actuacións formativas destinadas o profesorado en tempo lectivo.
3. Impulso ó intercambio de experiencias en relación co Plan Lector.
4. Elaboración e difusión de materiais e recursos axeitados, contextualizados á práctica educativa.
5. Seminarios, grupos de traballo… cos asesores/as de formación, responsables do Plan Lector.
9. Avaliación do PLC
O coordinador do Proxecto Lector de Centro, xunto cos coordinadores dos ciclos, realizará unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do proxecto e das súas concrecións nos Plans Anuais de Lectura, informando á Comisión de Coordinación Pedagóxica da marcha do mesmo, e propoñendo, se fosen precisas, as medidas de corrección. A avaliación final recollida na memoria do curso permitirá establecer os obxectivos para o ano seguinte.
- Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta os índices de lectura e a capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria, sendo quen de enfrontarse a textos cada vez máis complexos, e a actitude diante da lectura como medio para a aprendizaxe .
- Avaliarase o desenrolo de competencia lecto-escritora e de alfabetización informacional, ben sexa mediante enquisas ou a través da observación directa. O feedback deste proceso permitiranos realizar os cambios pertinentes para que o alumnado mellore na achega á competencia lectoescritora.
Avaliaranse tamén as prácticas educativas, valorando os cambios metodolóxicos realizados e se estes melloran ou non o proceso de ensino-aprendizaxe.
En Ribeira. a 10 de setembro de 2010