"RUTA A ILLA DE SÁLVORA"

O vindeiro martes día 1 de Xuño, os nenos/as de 1º ciclo van ir de ruta pola illa de Sálvora. A saída terá lugar as 10 da mañá do peirao de Ribeira. Ao chegar a Sálvora fáranse dúas rutas, unha ao faro e outra ao poboado da illa, para logo descansar e tomar un pequeno almorzo na praia do almacén. Será unha viaxe moi divertida!

 

Preme aquí para ver as fotos (en construcción)