Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Visita ao Parque Dunar de Corrubedo
O alumnado de 4º A e 4ºB do noso cole visitamos o día 15 de abril de 2010 o Parque Dunar de Corrubedo.
Ao chegar en bus esparabanos dúas especialistas en temas de natureza para recibir aos alumnos/as. Visionamos un documental didáctico sobre o parque dunar onde se nos explicaba como se formou.
Ao rematar o documental fomos dar un paseo polo Parque, escoitamos ao fermoso paxaro "Pim Pim". Asistimos a unha demostración de como observar e interpretar os restos, pegadas ... dos animais. Observamos e aprendemos a diferenciar diferentes especies de follas de pino, o pino galego o arume (a folla) ten dúas follas namentres o americano ten tres.
Despois de moito camiñar chegamos ás Dunas da praia e explicaronnos alguns datos interesantes, dunha altura orixinal de 60 metros quedou nuns 30 finalmente froito das extraccións indiscriminadas. Aprendimos aspectos de fauna e flora específicas das Dunas.
Unha das cousas máis chamativas foi escribir as nosas impresións no libro de visitas.
Preme para ver a galeria de imaxes.