Actividade Deportiva Duatlón Boiro

DUATLÓN BOIRO 2010

O Xoves  15 de abril de 2010 alumnado de 5º Primaria do CEIP O Grupo participaron na Proba de Duatlón que se celebrou en  Boiro no circuíto habilitado ao carón da Praia da Barraña, a partires das 10´30 h. da maña.

CIRCUITO DUATLÓN (Boiro).

  • Alumnado participante: Alumnado de 5º curso que contara obrigatoriamente con bicicleta de marchas (Montaña ou carreira) e Casco.  
  • Lugar da proba: Circuíto  en Boiro no marco incomparable  da praia da Barraña.
  • Saída do autobús do centro: ao redor das 9:30h da mañá. O alumnado foi n acompañado por responsables do centro en número proporcional  aos atletas participantes.
  • Comezo da proba: 10:3O h da mañá.( Chegada ao circuíto ás 10:00, recollida de dorsais, verificación das bicicletas e casco, Non serán válidas as bicicletas cun mal sistema de freos ou avarías importantes así como tampouco serán válidos os cascos frouxos ou defectuosos).
  • Hora estimada de volta ao centro: a proba prevese que finalice antes das 12:30. Volta antes das 2:00 h da tarde.
  • Proba de Duatlón: 1000 m de carreira pedestre,(BOX de bicis, poñer casco e sacar a bici andando do vox) carreira de 4 quilómetros en bicicleta por un circuíto valado e coas medidas de seguridade pertinentes, (Vox entrar bici andando aparcala rapidamente no seu sitio e colgar correctamente o seu casco na súa bici) Saír correndo 500 m de carreira pedestreata a meta.
  • Resultados da proba:Descargade os resultados finais da proba. Alex de 5ºA e Javi Millán quedaron 1º e 4º respectivamente o resto de participantes quedaron bastante ben e todos e todas conseguiron rematar a proba, o que consideramos un éxito ao ser am primeira experiencia nesta competición. Agardamos contar con máis participantes para o curso que ven. Javi Millán no resultado da proba ten un erro, aparece como alumno do CEP Cespón, Obviamente pertence ao Grupo. 

Dispoñedes da máis información na seguinte ligazón da páxina web da Campaña de Deporte escolar Xogade, Libro PDF sección de Duatlón.

Recomendábase  que os alumn@s trouxeran a bicecleta da casa circulando responsablemente da man. Que a deixaran en depósito na entrada no Colexio(dentro do cole ao carón da vitrina de trofeos). Se dispoñían da equipación do cole recomendabase que a trouxeran para dar imaxe de equipo (Non é obrigatorio mercara a propósito). Unha vez rematada a proba é necesario levar roupa para cambiarse: camiseta, calcetíns e outro calzado, especialmente se chove. Normalmente soen dar un pequeno refrixerio pero non estaría de máis unha botella de auga e froita ou un pequeno bocadillo.

Clica no enlace para acceder á galeria de imaxes de Duatlón. 

AdxuntoTamaño
Resultados_Duatlón_Boiro_15_abril_2010.doc119.5 KB