Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Concurrida ponencia sobre a elaboración da Pizarra Dixital de baixo Custo.
O mércores 14 de abril tivo ugar na Aula de Informática do Ceip O Grupo unha ponencia do ilustre mestre do Ceip de Palmeira, Bouzán, sobre a elaboración e manexo da Pizarra Dixital de baixo Custo.
Dentro do programa de actividades do Proxecto de Formación en Centro " O noso cole a través ds TICS", dependente do CEFORE de Santiago de Compostela, ten inscritos uns vinte mestres . Principalmente creouse para facer formación continua sobre o manexo, didáctica e elaboración de materiais para a pizarra Dixital Interactiva.
A acollida foi moi boa e dende hai uns meses a única PDI Smart board dispoñible ten un horario completo de uso e anda rotando de aula en aula semanalmente. Vimos á necesidade de dispoñer de máis unidades, e oímos falar da Pizarra de Baixo Custo.
O ponente Bouzán soubo cautivarnos con mestría e humor explicándonos dun xeito moi sinxelo os seus coñecementos informáticos. O mando da famosa videoconsola wii, o famoso wiimote é unha marabilla tecnolóxica que Johnny Chung Lee soubo ver e advertiu o seu enorme potencial creando varias aplicacións con el. O que a nós nos interesa permite facer Unha PDI con un cuso total duns 60 euros sen contar co canón proxector e o PC portatil..
Moita xente logo que Bouzan descubrira e difundira a través da súa web do centro este proxecto sairon moitos admiradores, moitos pouco honestos atribuíndose méritos do propio Johnny Chung Lee ou do manual "mascadiño"de Bouzan. O importante non é gastar 2000 euros nunha pizarra dixital, un sin sentido se se pensa que "As PDI non deixan de ser un rato xigante " é o mesmo manexar o rato do PC portatil que manexar a SmartBoard ou outra marca calquera. A PDI de infravermellos caseira co mando da wii ou o rato xiroscópico son alternativas igual de boas que as propias PDI de 2000 euros.
Na nosa sesión de Pizarra de Baixo Custo asistimos á explicación dos principos do seu funcionamento, a como se elabora e como se manexa. Finalmente elaboramos un Obradoiro para elaborar dous lápices da PDI e instalación de software para que funcione o proxecto.
»