PROXECTO DO MAR (CURSO 2009-2010)

PROXECTO DO MAR (CURSO 2009-2010)


O curso 2009-2010 decidimos traballar o proxecto do mar por ser un tema de interese xeral para o noso alumnado. Ó longo do curso fomos facendo diferentes actividades relacionadas con este tema e que nos serviron ó mesmo tempo de eixe principal para traballar os contidos de lecto-escritura e lóxica-matemática en infantil.
Algunhas destas actividades foron éstas:
- Os nenos e nenas trouxeron ó comezo do curso libros, fotos, videos, e información xeral sobre o tema do mar.
- En cada aula se elixiron animais do mar para comezar a traballar o proxecto: os das aulas de 3 anos os cangrexos, os de 4 anos os pingüíns e os de 5 anos os polbos.
- As aulas fóronse  decorando con murais sobre os distintos animais de mar (peces, moluscos, mamíferos mariños, crustáceos,...etc.
- No  Antroido os rapaces e rapazas disfrazáronse de cangrexos (os de 3 anos), de pingüins (os de 4 anos) e de polbos (os de 5 anos). O resto do alumnados do cole tamén participou disfrazándose de medusas, estrelas do mar, piratas, personaxes de Bob Esponja,...etc.
- Decoramos os corredores do cole con murais sobre os seguintes temas mariños: Mares e Océanos, Clasificación dos animais do mar,  A pesca, Os perigos do mar e  un Superacuario  cun tabeirón xigante ademáis de outros acuarios máis pequenos.
- Os nenos e nenas participaron na decoración do cole facendo na casa con materiais funxibles animais do mar, obxectos e móbiles que trouxeron para adornar os corredores.
- Nas festas do cole cantamos e bailamos distintas cancións relacionadas co tema do mar: "Don Polbo", "O Tabeirón",...
-Nas distintas aulas fixerono os seus propios  libros sobre o mar ou sobre o seu animal favorito.
- Ó longo do curso fixemos distintas excursións e saídas relacionadas co proxecto: visita ó barco "Golfiños na proa", visita ó Acuario Finisterrae da Coruña, visita á Lonxa  e ás pescaderías da praza de Ribeira.