Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Campionato Provincial Campo a Través Pobra do Caramiñal 2010
No Campo a Través este ano estamos de celebración, logo de levar a case 200 rapaces á proba Clasificatoria en Boiro a primeiros de xaneiro, e logo de clasificar a 36 "atletas" para a proba Intercomarcal de Boiro, chegamos ao Campionato Provincial con 7 atletas, clasificouse o Equipo Feminino Benxamín e por individual Roberto Moreiras, tamén benxamín.
Este Campionato Provincial de Campo a través, organizouse en Pobra, pero desta vez nun circuito ao carón da praia de Cabío. O Sábado 30 de Xaneiro de 2010 acudimos con 7 atletas clasificados na fase Intercomarcal. As nosas nenas volveron a conseguir a segunda plaza por equipos na categoría Benxamín (Sara Pérez, Carolina Pena , Ana Dosil, Candela Fernández, Maite Dios e María Maceiras) e Roberto Moreira, clasificado por individual na fase anterior consegiu rematar entre os 7 primeiros da provincia, todo un éxito, e ben contentos que quedamos todos. Desde o equipo de Educación Física cremos que debemos potenciar os deportes aeróbicos coma unha forma de mellorar a saúde cardiovascular dos educandos. Segundo os últimos datos do INE, as pricipais causas de mortalidade en poboacción adulta son 1º accidentes cardiovasculares, 2º tumores diversos e 3º patoloxías do sistema respiratorio. Invertir en Deporte dende pequenos é gañar en saude. Ogallá que o exemplo sirva para fomentar máis a actividade física no noso centro e nos escolares en xeral.
Clica para ver a galeria de imaxes do Campionato Provincial.