UNHA FESTA FIN DE CURSO DE 60 ANIVERSARIO

O fin de curso 2008-09 celebramos unha festa inimaxinable, á altura de todo un 60 aniversario.

Na imaxe superior vemos unha escolma dalgunhas das actividades realizadas e dende aquí agradecemos a colaboración do Concello de Ribeira a través de Concellería de Educación e Cultura, da Deputación da Coruña, da Academia de perruquería Yara, da Academia de baile Tomasón, das mamás da ANPA, dos mestres/as colaboradores/as e de todo o alumnado.

Contamosvos aos que non estivestes o que fixemos:

O venres 19 de xuño tivemos as seguintes actividades:

A obra de teatro "O GRANDE TESOURO MARIÑO" ao que asistiu en varias quendas todo o alumnado do centro. A obra foi escrita e Dirixida por Fina Outeiral, colaboraron varios mestres/as de infantil e primaria: Gena, Loly Iglesias, Luis Teira, Elena Varela, O atrezzo foi elaborado pola coidadora Estefanía. A intrepretación estelar foi dun equipo de mamás da ANPA. 

- Ao rematar as quendas do teatro realizouse un encontro de Brilé mestres/as

 

O luns 22 de xuño tivemos todas estas actividades:

- Obradoiro de Cociña cos cociñeiros Manuel Rivas e Saúl Framiñán. Onde nos ensinaron algunha obra de arte coas froitas e verduras e onde tamén elaboramos deliciosas e fresquiñas brochetas de froita.

- Obradoiro de maquillaxe. A mamás de dúas alumnas do centro axudaron co persoal da súa perruquería Yara, neste obradoiro de maquillaxe, onde todolos alumnos/as se convertían en fachendosas obras de arte facial. 

- Obradoiro de comida tenebrosa. O Equipo de Infantil elaborou unha sesión de elaboración e degustación de comida tenebrosa: arañas, dedos de momia, osos de morto, ataudes varios... Se disfrutamos elaborandoas, máis aínda ao comelas, non quedou nin unha faragulla.

- Karaoke. Na aula de PT2 habilitouse un grandioso e catártico karaoke onde neos e maiores  afinaron mellor ou peor as cancións de hoxe e de onte solicitadas.

- Actuación do Mago Romarís. Este famoso mago deixou a propios e extraños coa boca aberta ao manexar con abraio cartas, cordas, botellas máxicas...

- Actuación do grupo de Baile rexional do cole. O noso grupo de folcklóricos galegos interpretou varias pezas no palco habilitado no patio do centro, dirixidos con acerto pola mestra Teté.

- Exhibición de Baile Latino da Academia Tomasón. alumnos da academia e do noso centro interpretaron con mestría latina varias pezas deixando aos espectadores absortos cos movementos coordinados da cadeira.

- Solo de Flauta do alumno Carlos Calvo. Unha vez máis o alumno de 6ºB, Carlos Calvo interpretou un solo de frauta.  

- Entrega de Premios dos Certames das Letras Galegas 2008-09.

Para rematar deixamosvos o mellor de todo:

- Hinchables. Duante toda a mañá e respectando rigurosamente as quendas disfrutamos de tres hinchables. Descalzarse, saltar, xirar, chocar, trepar e deslizarse. Unha pasada!.

- Reparto da revista Alborada polo Capitán Benito Souto e Grumeta Quilla. Estes personaxes do noso cole repartiron unha revista novidosa, inclúe o clásico formato en papel e un DVD con música, moitas imaxes, video e incluso varios xogos. Este DVD é para uso no PC  e é importante ter instalado no PC o programa Flash.

Clica para ver a Galeria de imaxes