OBRA "O GRANDE TESOURO MARIÑO" NO GRUPO.

No noso cole preparamos un fin de curso á altura do noso 60 aniversario. Velaí vos comentamos a obra de teatro "O GRANDE TESOURO MARIÑO" do último venres do curso.

O equipo de 1º ciclo de primaria, infantil, PT e a coidadora crearon o guión da obra e un atrezzo á altura das circunstancias, contaron coa colaboración desinteresada das nais da ANPA para a interpretación.

Durante toda a mañá foron pasando en varias quendas tódolos nenos e nenas do cole para asistir ao seu pase da obra. Ós seus sorrisos falan de sobra do resultado.

Logo dos tres pases da obra e do recreo fixemos un partido de Brilé entre mestres e partidos de fútbol e brile entre clases. Á 1:00 PM os mestres e mestras temos un xantar de despedida do curso. Bo Proveito!.

Seica o que nos agarda o proximo luns é o nunca visto: magos, espectáculos de baile rexional, de bailes de salón, hinchables, obradoiros de comida terrorífica, obradoiros de talla de froitas e verduras, globoflexia... non traiades merenda!!! e non o dicimos por se alguén se pon malo cando lle den as notas!!.

NON VOS PERDADES A NOSA FESTA FIN DE CURSO 08-09!!!!!!!!!!!!!  

 

Clica aqui para ver a Galeria de imaxes