Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
FESTA FIN DE CURSO DO CEIP O GRUPO 60 ANIVERSARIO
O tempo do verán achégase e o tempo de rematar o curso tamén. Acabemos estes días lectivos cunha festa e cun sorriso na cara.
O venres 19 de xuño aistiremos á representacón da obra "O grande tesouro Mariño" para a que se montou un escenario no patio de Infantil. Esta obra foi escrita e dirixida polo equipo de 1º ciclo de primaria e conta coa participación das nais da sempre participativa AMPA. Celebraranse diversos pases da obra para que poidan asistir tódolos cursos.
O venres ás 12:00 celebrarase no patio de primaria un partido de Brilé entre mestres e mestras.
Ás 15:00 celebraremos a comida de fin de curso no restaurante "A Fábrica de Coroso".
Para o Luns 22 de xuño unha MEGAFESTA con Hinchables, obradoiros de maquillaxe, comida terrorífica, globoflexia, Karaoke, Decoración de froitas e comidas. Espectáculo do Mago Romarís. Actuacións simultáneas mentres se desenvolven os obradoiros de Bailes galegos, Salsa...