1º CICLO DE PRIMARIA VISITA O ZOO DE MARCELLE

O 1 de xuño de 2009 os alumn@s de 1º ciclco de primaria visitamos O Parque Natural de Marcelle, sito no concello de Outeiro de Rei (Lugo).

Saímos as 9:15 da mañá do colexio en Ribeira, a viaxe durou dúas horas, para seren tan pequenos e ser unha viaxe de dúas horas leváronno moi ben, o premio do final da viaxe era espectacular. Os monitores que nos recibiron e nos fixeron o circuíto eplicábannos moi ben un montón de datos e anécdotas sobre tódolos animais.

Os nenos e os animais do parque portáronse moi ben, posaban para as fotos con moita profesionalidade. Rasca e Pica (os lobos ibéricos) e Vicki ( a llama), foron moi bos e non escupiron nin oubearon moito. Dis que os profes tampouco castigaron a ninguén polo que eles tamén se portaron moi ben. 

Clica para ver a galeria de imaxes