MERENDAS E CUMPLEANOS

 

MERENDAS

O traballo levado a cabo cada día nas nosas aulas de Educación Infantil parte de diferentes rutinas que os nenos/as van adquirindo dende o primeiro curso (3 anos) e que formarán parte dos distintos contidos que se lles ensinarán ó longo do ciclo.

Deste xeito, temas como a Hixiene, a Alimentación, a Educación Ambiental,... serán tratados á hora das merendas posto que deberán cumplir os seguintes aspectos:

- asearse antes de comer, ó volver do recreo ou ó ir ó aseo

- comer distinto tipo de alimentos (seguindo o calendario semanal que se lles facilita a comezos de curso).

- tirar o lixo para reciclar en distintas papeleiras (azul, verde ou amarela ) segundo o tipo de  material de que esté feito.

 

CUMPLEANOS

Para traballar temas como os anteriormente mencionados (a Alimentación, Educación para o Consumidor, Educación para a Paz,...) as mestras de Infantil decidimos que sería mellor para os nenos e as familias celebrar os cumpleanos con outros amigos/as (neste caso os que cumplen o mesmo mes ) para así evitar o comer chucherías moi a miúdo e celebrar ese día tan especial compartíndoo cos seus compañeiros/as, ademáis de repartiros gastos entre as distintas familias e resultar máis económico para todos.

Deste xeito, a última semana de cada mes celebraranse os cumpleanos dos nenos de ese mes. Previamente á data elixida para a celebración, a titora poñerase en contacto cas familias dos nenos que cumplen para repartir os gastos das compras necesarias: tarta, zumos, chuches,... e finalmente, ese día os homenaxeados levarán posta unha coroa adornada por eles así como un debuxo ou postal de agasallo dos seus compañeiros/as. A titora faralles unha foto e se lle entregará á familia ó final do trimestre.