AS NOSAS AULAS

No CEIP "O Grupo" dispoñemos de 6 aulas de Educación Infantil (3, 4, e 5 anos) con 25 nenos/as en cada unha ubicadas no edificio anexo do colexio. Destas aulas, 5 están ubicadas na planta baixa do edificio e outra na primeira planta.  Dúas delas dispoñen de aseos comunicados directamente cas aulas e o resto dispoñen dun aseo en común.

Dispoñemos dun patio de recreo ó aire libre e outro patio cuberto, así como dunha pequena zona verde da que se encargan os nenos/as do seu coidado (as patrullas de Lixoman).

Se partimos de que o noso traballo segue un enfoque constructivista (partir dos coñecementos previos dos alumnos/as, construír aprendizaxes significativas, dispoñer dun ambiente motivador onde os nenos/as participen activamente,...etc) as nosas aulas, podemos dicir que se distribuen por recantos pensando nestes principios básicos nos que se asenta o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Deste xeito, dependendo do espacio de que se dispoña,  en cada aula podemos atopar os seguintes recantos:

- Recanto de asemblea (zona con chan de corcho para sentarse e falar dos distintos temas que a mestra propoña). Tamén serve de zona de contacontos.

- Recanto do calendario (onde cada día un neno/a será o encargado de  poñer a data, o tempo, pasará lista e anotará as actividades do día).

- Recanto de mesas (onde cada neno terá unha cadeira co seu nome e levarán a cabo o traballo diario previsto pola seu titor/a).

- Recanto do xogo simbólico (casita,muñecas,coches, tendas, cousas de médicos...).

- Recanto da biblioteca (con libros de todo tipo para ler).

- Recanto do encerado (para desenvolver a súa creatividade tanto debuxando como escribindo). 

- Recanto das letras e os números (con letras e números imantados para traballar a lecto-escritura e a lóxica-matemática ).

- Recanto dos puzzles e quebracabezas( tanto de imaxes como de números e letras para traballar o razoamento, a memoria,...etc)

- Recanto das construccións (onde traballarán a súa imaxinación ademáis de diferentes conceptos relacionados ca lóxica-matemática).

- Recanto dos disfraces (con roupa vella para que os nenos traballen o xogo simbólico).

- Recanto de plástica (onde poderán traballar con distintos tipos de pinturas, plastilina, tesoiras,...etc).

- Recanto de novas tecnoloxías: en cada aula dispoñemos dun ordenador con xogos educativos que poden utilizar os nenos/as por quendas. Outros medios tecnolóxicos utilizados nas aulas son: pizarra dixital,  canón proxector, proxector de diapositivas ou imaxes,...etc.  

Os nenos  de infantil traballarán nestes recantos cada día de xeito rutinario ca supervisión da súa mestra, desenvolvendo así todas as súas capacidades , creando novos coñecementos e tratando de alcanzar así os obxectivos previstos para este ciclo.