Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O Grupo no Concurso Literario: Maio Cultural 2009
Na 17ª edición do Concurso Literario Maio Cultural. A concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras Vidal, foi a encargada de entregar os diplomas e agasallos correspondentes aos rapaces distinguidos nun Auditorio Municipal que estaba ocupado por 275 rapaces pertencentes aos diferentes centros que participaron no certame: Grupo, Galaxia, Palmeira, Aguiño, Carreira e da Capela, así como da Asociación Ámbar.
Nesta 17ª edición presentáronse preto de 200 aspirantes á acadar uns premios que estaban divididos en tres categorías (prosa, poesía e banda deseñada), subdividíndose á súa vez nas modalidades de entre 7 e 10 anos e de entre 10 e 13 anos.
O noso centro acadou dous premios concedidos polo xurado avaliador:
-
Na modalidade de poesía, na categoría de 7 a 10 anos a nosa alumna Raquel Montemuíño Rodríguez, do CEIP O Grupo, con “O mariñeiro” resultou premiada.
-
Na modalidade Cómic, de 7 a 10 anos, foi premiada tamén Marta Gómez Rodríguez, do CEIP O Grupo, con “A xoaniña que quería voar”.
Ao remate do acto entregouse aos colexios participantes un lote de libros con literatura en galego e obras dedicadas á figura de Ramón Piñeiro.