Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
XII MOSTRA DE TEATRO INFANTIL
Durante a última semana do mes de maio de 2009 estase a celebrar un ano máis a mostra anual de Teatro Infantil, nesta ocasión trátase da 12ª edición.
No auditorio Municipal de Ribeira e con acceso libre e gratuíto poderán achegarse tódolos ribeirenses e persoas da comunidade educativa do CEIP O Grupo e demais interesados a este Certame Teatral que aglutina a grupos de Teatro de toda a bisbarra: Colexio A milagrosa de Oleiros, Colexio Galaxia, Colexio Bayón, Colexio do Grupo, Asociación cultural ALFAIA, e Grupo Municipal Infantil de Teatro.
O CEIP O Grupo dirixido polo mestre Daniel Gómez Ramil presenta este ano a obra titulada: "O Circo Barato". Duración aproximada 35 min. O argumento desta obra amosa un Circo Barato. Todo aquíe barato, sen desmerecer o valor artístico..., porque son un cir cotizado, un cir colaborador, un cir confuso, un cir concerto, un circontraste, un circolexial, un cir medorento... En fin ofrecen un pouco de todo, ata a posibilidades de obter un valiosísimo regalo... Non a perdades!. Está interpretada pol@s alumn@s: Aldara C. I., Laura M. B., Inés S. C., Félix V.P., María V.R., Israel David F. A., Ainhara L.D., Francisco Misael L.G., Florencia Sofía S.A., Jennifer T.P., Sheila V.C., Carlota F.S., Juan F. R. O., Antía M.P.