Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xornada promoción do Remo: Clube Remo Puebla.
O xoves 28 de maio de 2009, invitados polo Clube de Remo Pobra acudimos 20 alumn@s e mestres do noso cole Ceip O Grupo de Ribeira a unha xornada de promoción do Remo.
Saimos sobre as 10:30 da mañán, chegamos á estación de buses de Pobra e o clube xa estaba á carón. Recibironnos varios titores-remeiros que nos ensinaron as instalacións, que por certo están de reformas. Ensináronnos diferentes embarcacións, bateis, traiñeira... os remos máis antigos e os modernos e lixeiriños logo subimos ao ximnasio onde nos puxeron un video dunha competición de remo.
Rematada a teoría fomos a unha rampa do porto onde comezou a experiencia cos bateis. en quendas de catro fomos subindo e escoitando os consellos dos monitores para maniobrar coa embarcación e intentar conseguir un pouco de coordinación para remar. Mentras unha quenda experimentaba o remo no mar outra experimentaba o remo en seco nos remoergómetros do ximnasio, que tamén foi unha experiencia.
Ao final rematamos tod@s moi content@s, cremos que alguén se vai apuntar ao clube.
Fixemos máis de 40 fotografías do evento, pero por problemas descoñecidos so puidemos conservar a imaxe grupal. cousas da informática e as tarxetas dixitais, é unha mágoa porque co día tan bo que tivemos saíran moi bonitas.