Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
COMO PODEN COLABORAR OS PAIS?
As familias poden colaborar cos mestres/as antes, durante e despois do período de adaptación dos nenos/as seguindo os seguintes consellos:
- Transmitir ao neno a idea de que medrar é bonito e que vai ao colexio porque se está facendo maior.
- Non asustalo con temas relacionados co colexio.
- Falarlle ben da escola e dos profesores, pola contra teralles medo e non poderá confiar neles.
- Traelos con puntualidade e de xeito continuado, agás no caso de enfermidade, para non perder o ritmo de adaptación adquirido.
- Non ceder ante as perrenchas, agardar a que pase e despois darlle as razóns que necesite.
- Non lle dar máis importancia da que ten ao choro da entrada.
- Despedirse con naturalidade, evitando despedidas efusivas.
- Valorar os seus progresos, animalo e apoialo cando non consiga as metas propostas.
Tendo en conta todas estas observacións facilitaremos entre todos que a incorporación no colexio e a educación se realice do xeito que os nenos merecen.