Skip to Content

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL REMATA A ETAPA

O martes 18 celebrouse un pequeniño acto de remate da etapa de educación infantil do noso alumnado de cinco anos.

Foi no salón de usos do centro coa asistencia das súas familias.

Entre as actividades programadas tiveron: un baile, a proxección dun vídeo, a entrega dun pasaporte a primaria e unha camiseta. Por último compartiron unhas galletas coas súas familias no comedor do centro.

Moitas grazas ás profes que colaboraron, á titora, Lucía e á ANPA Manuel Murguía que nos puxo a sala moi bonita.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=156

 

Aquí vos deixamos unha montaxe resumo da actividade, na galería tedes máis fotos.

 

AVISOS FESTIVAL FIN DE CURSO, ACTUALIZADO 17 DE XUÑO

En vistas das preguntas realizadas no centro publícase que:

1. En caso de chuvia, en principio as predicións non son favorables, suspenderíase o festival, polo que debedes estar pendentes de Abalar a primeira hora do xoves.

2. O venres o alumnado ten programadas outras actividades para o horario de mañá desde o equipo de EACE.

3. No caso de suspenderse, realizaríase no pavillón coas nenas e cos nenos en dous pases, pero por aforo da pista deportiva as familias non asistiríades. O aforo do pavillón é de 250 persoas, informe técnico emitido polo Concello de Arteixo fai xa uns cursos. 

Grazas pola vosa colaboración,

FESTIVAL FIN DE CURSO

O xoves 20 de xuño celebraremos o  Festival de fin de curso no patio exterior. A temática do festival serán as danzas do mundo.

Organización:As familias estades convidadas, para o que se repartirán dúas invitacións por familia, (se hai irmáns maiores, leváraas o irmán ou irmá maior). Se alguna familia necesitara unha ou dúas máis pedilas ao profesorado titor. Non se poderá acceder ao centro sen entrada.

 Colabora Protección Civil de Arteixo e ANPA Manuel Murguía.

O acceso será ás 10.20 horas.

 

 

APERTURA PRAZO SOLICITUDE SERVIZO DE COMEDOR 2024-2025

IMPORTANTE:  Ábrese o prazo para solicitar o servizo de comedor para o curso 2024-2025. Entregar solicitude, Anexo II e toda a documentación acreditativa que sexa, xunto coa solicitude.

Nota: As usuarias e usuarios de comedor que non estean ao corrente das súas obrigas de pagamento do curso pasado, isto é, que teñan pendente de aboamento calquera cantidade pola utilización do servizo, non poderán figurar nas listas provisionais de usuarios admitidos ao comedor.

Prazo:   do 17 ao 25 de xuño, ambos os dous incluídos,

en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Presentación presencial, sen cita previa. SOLICITUDE E ANEXO II, nos adxuntos. Facilítaranse no centro  as copias impresas. Pode entregar a solicitude outra persoa autorizada.

Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link:

  https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Comunicarase pola web a data de publicación das listas provisionais de admitidos e listas de reserva no taboleiro interior do centro.

CRITERIOS DE ADMISIÓN NO SERVIZO PARA REVISAR E BAREMAR POR    ORDE DE PREFERENCIA

1. Alumnado usuario habitual do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
2. Alumnado usuario de dereito do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2024-2025, que estableza a Consellería competente nesa materia
3. Agás no caso de alumnado escolarizado voluntariamente en centros fóra de zona, ter un/unha Irmán ou irmá que vaia a continuar matriculado no centro para o curso que solicite o servizo e sexa usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude.
4. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación
socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
5. Alumnado membro de familias numerosas, monoparentais, situación acreditada
mediante certificación , título ou inscrición no rexistro correspondente
A asimilación ao descendente do fillo ou filla concibido ou concibida y non nacido ou nacida acreditarase mediante o carné familiar galego, e terá efectos unicamente dentro da comunidade autónoma de Galicia, artigo 12 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia
6. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmentede xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da
empresa, xustificativa da duración de xornada do horario de traballo; certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados voluntariamente fóra da área de influencia que lles corresponde.
8.  Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado.

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O venres 14 de xuño celebramos o acto despedida do noso alumnado de sexto coa asistencia das súas familias. Foi unha celebración moi emotiva e bonita na cal participaron as alumnas e os alumnos. Fixérono todas e todos moi ben!

Moitas grazas a todas as persoas implicadas na preparación e por suposto pola colaboración no día de hoxe, equipo educativo, alumnado e ANPA Manuel Murguía!

Un día especial para recordar! 

Xa tedes as fotos na GALERÍA!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=154

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=155

SORTEO DA CESTA

A día 13 de xuño celebrouse o sorteo da cesta con material escolar e un vale dos CCAA de 100€ en presenza de membros da comunidade educativa. O número premiado é o 1988

Saca o número Ariadna Vázquez Pombo de 5º B !

PABLO MARIÑO PRESENTOUNOS O SEU NOVO LIBRO

O escritor arteixán e membro da nosa comunidade educativa Pablo Mariño, visitou a bibliogalán para presentar o seu último libro O arrecendo das noites de vésperas.

Máis información no blog BIBLIOGALÁN

 

Moitas grazas pola visita!

 

O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA RECOLLEU O PREMIO EN SANTIAGO

Ao chegar merendamos no miradoiro do Parque da Alameda con vistas á Catedral. E na gala do certame no IES Rosalía de Castro saímos a recoller o 4º premio: unha escultura feita polo alumnado da EASD Mestre Mateo e agasallos para a nosa biblioteca. Entregáronnos o premio o presidente da Real Academia Galega e o Secretario Xeral de Política Lingüística, entre outros representantes das institucións organizadoras.   

Parabéns!


BIBLIOGALÁN CELEBROU O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

Na BE pasaron o Día Mundial do Medio Ambiente coa charla de María, veterinaria do medio rural, que atende a centos de vacas e hoxe compartiu co alumnado de primeiro a posta en valor do seu traballo e o coidado dos animais.

Moitas grazas, María!

 Máis información na ligazón:

https://bibliogalan.blogspot.com/2024/06/pasamos-o-dia-mundial-do-medio-ambiente.html

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut