Co gallo da celebración da festa dos Maios e a participación do centro no Concurso dos Maios, queremos facer unha mención especial de agradecemento á ANPA e ás familias que na tarde do xoves día 23, se achegaron ao centro para axudar na confección do Maio.
Agradecer tamén ao resto de familias que se puxeron en contacto con nós e que colaboraron en días anteriores.
O venres 24 de maio estarán expostos os Maios na Avenida do Balneario en Arteixo.
O CEIP de Galán colabora coa Asociación O Grilo na Recollida Solidaria de Alimentos que organizan nas vésperas do Nadal en beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas. Desde o mércores 15 ata o luns 20 haberá unhas caixas solidarias no centro para que poidades facer a vosa aportación da man das nenas e nenos, se así o queredes. Moitísimas grazas pola vosa solidariedade!
O 26 de novembro levouse a cabo a actividade, Maxia pola Igualdade, actividade organizada pola ANPA do noso centro dirixida ao alumnado de educación infantil.
tedes unha actividade da ANPA do centro, unha xornada que leva por título, Formación sobre diversidade afectivo-sexual e familiar. Será o vindeiro xoves día 11 de novembro.
Picade aquí para ver toda a información. A inscrición é no correo electrónico da ANPA.
A ANPA fará entrega no centro de máscaras pola igualdade para repartir ao alumnado de E. Primaria, material de difusión elaborado no marco do proxecto de promoción da igualdade entre homes e mulleres das ANPAs do CEIP Galán, IES Pastoriza, EI Barrionovo e EI de Larín (subvención concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade con Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero).
Cando se fará entrega ao alumnado? O venres día 18 de decembro.
Moitas grazas pola colaboración!
Características técnicas das máscaras. Nos adxuntos.