Skip to Content

AGRADECEMENTO Á ANPA E FAMILIAS

Co gallo da celebración da festa dos Maios e a participación do centro no Concurso dos Maios, queremos facer unha mención especial de agradecemento á ANPA e ás familias que na tarde do xoves día 23, se achegaron ao centro para axudar na confección do Maio.

Agradecer tamén ao resto de familias que se puxeron en contacto con nós e que colaboraron en días anteriores.

O venres 24 de maio estarán expostos os Maios na Avenida do Balneario en Arteixo.

Moitísimas grazas pola vosa axuda!!!



page | by Dr. Radut