CIRCULAR FIN DE CURSO 2023-2024
1.- Período de matrícula para novo alumnado:
O período de matrícula para o novo alumnado que desexe incorporase ao centro vai do 20 ao 30 de xuño.
Deberase entregar toda a documentación solicitada xunta e cumprimentada e coas copias necesarias na secretaría do centro en horario de 9.00 a 14.00 h.
(O alumnado matriculado xa no centro este curso 2023-2024 non ten que matricularse de novo)
2.- Reunión inicial coas familias de 4º de infantil
A reunión será o día 6 de setembro ás 10.00 horas na aula.
3. Libros de texto e material escolar:
A relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar atópase exposta no centro así como na páxina web. A lista de material será no mes de setembro, unha vez iniciado o curso e desde as titorías.
4.- Comezo das clases en setembro:
A Orde do calendario escolar para o curso 2024-2025 establece que as clases darán comezo o mércores, día 11 de setembro. O período de adaptación do alumnado de 4º de Ed. Infantil será do 11 ao 17 de setembro. O día 18 será horario completo.
5.- Fondo solidario de libros e vales para a adquisición de material:
A comezos de xullo informaremos sobre a resolución da listaxe provisional a través da web do centro e/ou por AbalarMóbil para a súa consulta no taboleiro do centro.
Posteriormente abrirase o prazo de reclamación (2 días) e, finalmente, a publicación das listaxes definitivas no taboleiro do centro.
A entrega de vales será os días 3, 4 e 5 de xullo de 9.30 a 13.30 horas en secretaría. No caso de non recollelos nestas datas entregaranse no mes de setembro.
Os vales só se entregarán á persoa solicitante.
Se ésta non puidese recollelos poderá autorizar a outra persoa que deberá traer autorización escrita e as fotocopias do DNI das dúas persoas (solicitante e autorizado/a). A disposición, modelo de autorización nesta web.
Os libros de texto de fondo libros serán entregados en setembro, antes do inicio do curso.
6.- Entrega de historiais e expedientes para o alumnado de 6º de Ed. Primaria:
O luns 1 de xullo, de 9:30 a 13:30, farase entrega dos historiais e expedientes do alumnado de 6º de Ed. Primaria, no despacho de xefatura do centro.
7.- O horario de atención ao público en xullo será de 9.30 a 13.30 horas:
8.- Listas de alumnado admitido e lista de reservas no comedor.
Publicación da lista provisional o día 2 de xullo no taboleiro do centro.
Posteriormente abrírase un prazo de 5 días para posibles reclamacións, publicación da lista definitiva o día 8 de xullo.
9.- Usuarias e usuarios de transporte escolar:
Resolución no mes de setembro, adxudícase a praza no mes de xullo.
10.- Publicación de cualificacións por AbalarMóbil: o día 26 de xuño ás 10.00 horas. Se algunha familia desexa copia impresa debe pasar polo centro.
Desexámosvos un bo e feliz descanso neste verán,
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E FELICES VACACIÓNS!
O equipo directivo