O proxecto de educación dixital EDIXGAL proporciona, aos centros educativos a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias. A administración ofrece o seu apoio en forma de, por unha banda, un entorno virtual de aprendizaxe, e por outra, coa provisión de materiais dixitais en formato, no seu caso, de libros dixitais.
Curso 2019-2020
Dotación de portátiles HP ao alumnado de nova incorporación ao proxecto, 5º de Primaria.
Curso 2018/2019
Familias e alumnado conta cun servizo e soporte técnico nas súas casas. Soporte Premium.
Editoriais da plataforma: Netex, Edebé e Planeta.
Curso 2017/2018
Durante os meses de marzo e abril de 2018 entregaronse os portátiles HP substituíndo aos netbooks existentes. Alumnado de 5º e de 6º.
Curso 2016/2017
O venres 3 de marzo recibimos os novos netbooks E-Dixgal para substituír os antigos.
Continuidade nos niveis de 5º e 6º.
Curso 2015/2016
Participan os cursos de 5º e 6º no Proxecto.
Curso 2014/2015
Dende o mes de setembro de 2014 o alumnado de 5º de Primaria do noso centro participa no proxecto E-DIXGAL (implantación do libro dixital nos centros educativos).
Trátase de suprimir o libro de texto impreso e utilizar libros dixitais. Ante todo, aplícanse métodos interactivos.
A acollida por parte do alumnado foi boa; adaptándose rapidamente ao novo sistema.
Estes libros ofrecen diferentes posibilidades á hora de ampliar temas e de realizar consultas a ligazóns externas.
Na Galería hai fotos das diferentes aulas de 5º.
Para saber máis detalles sobre dito proxecto, premede na imaxe.