Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

ENTREGA DA CESTA DO SORTEO

O mércores 10 de xullo entregamos a cesta do sorteo para a viaxe a Leitariegos. Fixo tamén a entrega do vale de 100€ a persoa do CCAA de Arteixo. Os nosos parabéns á familia gañadora!!!

TODO TEN UN COMEZO...VIAXE A CÓRDOBA

Como todo ten un comezo...non vos perdades este vídeo no autobús de camiño a Córdoba co alumnado de sexto.

Na galería están as fotos da viaxe que vos traerán moitísimos recordos. Esperemos que vos gusten!

Picade na ligazón e tedes o acceso:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=159

NOVO SORTEO CESTA VIAXE Á ESTACIÓN DE ESQUÍ LEITARIEGOS 2025

Volveuse a realizar o sorteo, novo número premiado porque non apareceu o anterior

 

o número premiado é 3253

Caduca aos 5 días

SUSPENSIÓN XOGOS DE AUGA

Estimadas familias, 

Dadas as condicións meteorolóxicas adversas suspendéronse os xogos de auga. Aínda así, o alumnado puido desfrutar doutros xogos dentro do pavillón e no patio de Infantil.

 

FELIZ VERÁN E FELICES VACACIÓNS!!!

 

RESUMO DO FESTIVAL FIN DE CURSO EN FOTOS

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL REMATA A ETAPA

O martes 18 celebrouse un pequeniño acto de remate da etapa de educación infantil do noso alumnado de cinco anos.

Foi no salón de usos do centro coa asistencia das súas familias.

Entre as actividades programadas tiveron: un baile, a proxección dun vídeo, a entrega dun pasaporte a primaria e unha camiseta. Por último compartiron unhas galletas coas súas familias no comedor do centro.

Moitas grazas ás profes que colaboraron, á titora, Lucía e á ANPA Manuel Murguía que nos puxo a sala moi bonita.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=156

 

Aquí vos deixamos unha montaxe resumo da actividade, na galería tedes máis fotos.

 

AVISOS FESTIVAL FIN DE CURSO, ACTUALIZADO 17 DE XUÑO

En vistas das preguntas realizadas no centro publícase que:

1. En caso de chuvia, en principio as predicións non son favorables, suspenderíase o festival, polo que debedes estar pendentes de Abalar a primeira hora do xoves.

2. O venres o alumnado ten programadas outras actividades para o horario de mañá desde o equipo de EACE.

3. No caso de suspenderse, realizaríase no pavillón coas nenas e cos nenos en dous pases, pero por aforo da pista deportiva as familias non asistiríades. O aforo do pavillón é de 250 persoas, informe técnico emitido polo Concello de Arteixo fai xa uns cursos. 

Grazas pola vosa colaboración,

Distribuir contido


by Dr. Radut