Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

VISITA DE MANUEL MURGUÍA

Os alumnos e alumnas de 1º de Educación primaria puideron coñecer a Manuel Murguía.

 

MANDADIÑOS DO MECO

Xa chegou o  Entroido cos Mandadiños do Meco!

A semana do 5 ao 8 de febreiro teremos que vir como manda!

Os mandados serán acumulativos, engadindo o de cada día ata o

venres.

 

O venres día 9 será o desfile de Entroido!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

MANDADIÑOS

 

 

 

O Entroido comeza axiña,

 virás toda a semana con

 gravata ou paxariña. (Luns)

 A partir do martes,

 engade bigote, pero ben

 grande para que se note.

 O mércores está chupado,

 engade un peiteado

 descarado.

 Xa case remata a semana,

 trae todo o anterior,

 sen sacar o pixama! (Xoves)

 O venres para gozar,

 o disfrace e a desfilar!

 

 

BREVE RESEÑA SOBRE O ENTROIDO

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

    

  

Tedes as fotos da celebración na galería de imaxes!  

O CEIP DE GALÁN COMEZA UN NOVO PROXECTO CON XABIER MACEIRAS

No segundo trimestre comezaremos as visitas, con novas aventuras para todo o alumnado do centro. Coñecerán da man de Xabier Maceiras petróglifos, castros, lendas, pazos,  persoeiros como Manuel Murguía, torres vixías...Un forma divertida de descubrir o patrimonio cultural e natural da súa zona.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO DE 2024

30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

NO HAY CAMINO PARA LA PAZ, LA PAZ ES EL CAMINO

Mahadma Gandhi

Estas son as actividades do mes de xaneiro:

1. Confección dun atrapa sonos, para o hall da entrada, onde cada clase poderá escribir nunha cartolina en forma de pluma, palabras, frases... sobre construír a paz e a convivencia: abrazos, diálogo, respecto...

2. Baile "coreografía" da canción de Xuxa Park , Nuestro canto de Paz. Farase no recreo do día 30 todos e todas, alumnado e profes, no patio exterior. A coreografía ensinarana polas aulas, membros da comisión, entre eles Ana, Amelia, Loli C, Clara e María.
Para esta actividade terán que traer  unha camiseta de cor, a que teñan, cores variados para o baile.
Ese día o recreo posporase 15 minutos máis.

O alumnado de infantil baixará ao patio exterior acompañado do alumnado de 5º de educación primaria. 5º A acompaña a 4º E.I, 5º B a 5º E.I, 5º C a 6º  E.I

Na ligazón podedes ver o vídeo en you tube coa letra da canción.

https://youtu.be/GKZXW25hsh4?si=TPPZfTjdxj5lqyOm

3. Confección dun marcapáxinas sobre a PAZ que levarán ás casas.

4. Retomamos o buzón ( caixa de suxerencias das titorías de primaria) que se chama O buzón das emocións, para que expresen todo aquilo que lles poida pasar no día a día. Pode ser anónimo. Coas notas traballaranse as emocións, o poñerse no lugar do outro, a empatía,  a resolución de conflitos...

Convivencia positiva.
 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. BIBLIOTECA DE ARTEIXO

A Concellaría de Cultura, a través das bibliotecas municipais ven de convocar o Certame de poesía homenaxe a Rosalía de Castro cos seguintes puntos :

1.- As persoas participantes serán alumnos e alumnas dos niveis 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

2.- O tema da poesía será libre e a extensión dun máximo de 20 versos. O idioma poderá ser galego ou castelán.

3.- Haberá tres premios por nivel.

4.- Establécese un premio global que, elIxido entre os tres primeiros, consistirá nunha tablet. O resto dos premios serán lotes de libros.. 5.- Os traballos presentaranse do seguinte xeito : a poesía debe levar o título da mesma e un pseudónimo da persoa autora. Logo, nun sobre pequeno, deben aparecer os datos da persoa participante : nome e apelidos, nº teléfono. Neste sobre, na parte externa, debe constar o pseudónimo.Poesía e sobre pequeno deberán incluirse nun sobre de maior tamaño para a entrega. Os colexios que decidan participar, poderán enviar os traballos de xeito conxunto de participantes do colexio en sobres por niveis e unha listaxe de pseudónimos cos datos solicitados.

6.- A data máxima de entrega de traballos será o día 8 de febreiro, ate as 19:30, na Biblioteca Central no Centro Cívico Cultural de Arteixo, no paseo fluvial.

7.- As persoas finalistas serán avisadas, presentaranse o sábado día 17 de febreiro, na Biblioteca Central ás 11:30 e procederán a declamar as poesías para que o xurado decida os premios definitivos que entregaranse ao remate do acto.

CONTARÁN COA PRESENCIA DE YOLANDA CASTAÑO PARA O 17 DE FEBREIRO

SAÍDAS ESCOLARES 2º TRIMESTRE

1º A e 1º B, BONILLA, ARTEIXO

1º B, luns 15 de xaneiro, autobús polo Concello de Arteixo.

1º A, luns 22 de xaneiro, autobús polo  Concello de Arteixo.

 

3º A e 3º B,

GADISA, ARTEIXO

1 de febreiro

Autobús Daniel de la Iglesia.

MUNCYT, A CORUÑA

28 de febreiro.

Autobús Daniel de la Iglesia

2º Educación Primaria

1 de marzo

Concerto de gaita no salón de usos do centro

5º e 6º Educación Primaria

Concerto da Sinfónica no Palacio da Ópera

13 de marzo

Autobús Daniel de la Iglesia

3º de Educación Primaria

4 de abril

Casa das Ciencias

Autobús Daniel de la Iglesia

 

 

 

NÚMERO SUPLENTE PREMIADO. AVISO

Debido a que non apareceu a rifa gañadora do sorteo da cesta informamos que pasamos ao número suplente sacado no sorteo:

O número suplente é:  2656

Rógase se alguén ten a rifa con este número pase polo centro a recollela no día de hoxe e de non poder facelo enviade un correo electrónico ao centro indicando que tedes a rifa. Hai un prazo de cinco días.

De non ter noticias do número premiado pasaremos ao seguinte número suplente .

É IMPRESCINDIBLE TRAER A RIFA

 

VOLVER A CASA POR NADAL

Distribuir contido


by Dr. Radut