Skip to Content

MENÚ COMEDOR ESCOLAR PRIMEIRO TRIMESTRE

 

Á atención das familias usuarias do servizo de comedor,

publicamos os menús que facilita a empresa Jardanay.

Adxunto 1: menú trimestral en galego

Adxunto 2: menú trimestral en castelán

Adxunto 3: menú sen carne

Adxunto 4: menú sen porco

Adxunto 5: menú sen peixe

 
 

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

A partires do 16 de setembro de 2024 a bibliogalán abre as súas portas para todo o alumnado da etapa de Educación Primaria.

De martes a venres e en dúas quendas, as nenas e nenos poderán consultar e gozar do noso catálogo bibliográfico así como levar a cabo outras tarefas relacionadas cos traballos de aula, etc. É importante ter en conta que os traballos, tarefas, etc. non estarán supervisados polo profesorado presente.

Ligazón para inscribirse.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/2jiprdKAPdbYFmGC

COMUNICACIÓN DE ALERXIAS OU INTOLERANCIAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR

Xúntase o documento para informar das alerxias ou intolerancias alimentarias para o servizo de comedor e o seu envío á empresa Jardanay.

LISTAXE DE ALUMADO ADMITIDO NO COMEDOR EN SETEMBRO

A/atención das familias usuarias de comedor,

a listaxe do alumnado que presentou a solicitude fóra de prazo está exposta no taboleiro interior do centro desde o día 10 de setembro ás 11.00 horas.

As solicitudes presentadas están admitidas.

O inicio do servizo de comedor é o día 11.

O equipo directivo

COMEZA O NOVO CURSO 2024-2025

RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO

Día de recolida de libros de texto de fondo solidario

  e 

. Luns 9, de 11:30 a 13:30.

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS

 4ºE.I  Luns 9, ás 10.00 h na propia aula
5º e 6ºE.I  Martes 10, ás 10.00 h nas aulas
1º e 2ºE.P  Luns 9, ás 11.00 h nas aulas
3º e 4ºE.P  Luns 23, ás 17.00 h nas aulas
5º e 6ºE.P  Luns 16, ás 17.00 h nas aulas

O profesorado titor de cada curso faravos chegar a convocatoria da reunión.

Un saúdo

O equipo directivo

INSTRUCIÓNS CURSO 2024-2025

Publicouse a Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25.

AVISO IMPORTANTE: CORRECCIÓN ISBN NUN LIBRO DE 1º DE PRIMARIA

A/ a familias de 1º de educación primaria,

detectado un erro no ISBN nos materiais de 1º procédese a corrixilo na materia de Lingua Castelá e Literatura.

Lecturas comprensivas. Atención a la diversidad. Editorial GEU. Cuaderno 2. Leo sílabas directas 2.

ISBN  correcto: 978-84-17748-20-3

 

O equipo directivo

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Na ligazón da nosa BIBLIOGALÁN atoparedes recomendacións de libros de lectura para este tempo de verán!

https://bibliogalan.blogspot.com/2024/06/recomendacions-lectoras-para-o-estio.html

Distribuir contido


by Dr. Radut