Celebraremos o Samaín os días:
28 e 29 de outubro, entrega de cabazas para a elaboración da exposición de cabazas de Galán! Decorádeas como máis vos gusten, pero non as vaciedes, así durarán máis.
29 de outubro, visitan o colexio as Escolas de Infantil adscritas, Barrionovo e Vilarrodís, realizarán unhas actividades na biblioteca e verán a exposición de cabazas.
O transporte deste alumnado coas súas mestras será a empresa Daniel de la Iglesia.
30 de outubro, podedes vir disfrazados ao colexio, con disfraces terroríficos, pero non é necesario que compredes nada, só botarlle imaxinación.
Actividades relacionadas co Samaín:
- Exposición de cabazas para todo o alumnado do centro con todas as cabazas que traiades.
- Pasadizo do Samaín, se non queredes participar podedes visitar a exposición de cabazas coa vosa mestra ou mestre.
Animádevos a participar coas vosas cabazas!