Skip to Content

REALIZAMOS UN SIMULACRO DE EVACUACIÓN NO RECREO

Estimadas familias,

o xoves día 17 de outubro, realizamos un simulacro de evacuación con todo o alumnado á hora do recreo.
O simulacro foi programado polo centro e por persoal técnico da empresa Gesplan e comunicado aos servizos de emerxencias como " simulacro".
A duración  foi de 3.30 min. e co edificio vacío e revisado 5.35 minutos.
A valoración da resposta do alumnado, moi positiva, estaban preparados de como actuar, formación que se impartiu nas titorías.

CLUB DE LECTURA PARA O PROFESORADO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CENTROS SELECCIONADOS PROA+FSE+

Na seguinte ligazón, na  páxina 8, atoparedes o CEIP de Galán, centro seleccionado provisional do PROA+FSE+

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44706

PUBLICACIÓN DATA E HORA SORTEO PÚBLICO DESIGNACIÓN DOS MEMBROS XUNTA ELECTORAL

Publícase esta circular no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web a data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos Membros da Xunta Electoral, titulares e suplentes,  ( Art. 30 do Decreto 92/1988, conforme ao establecido nas Disposicións Adicionais do Decreto 37471996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Orgánico dos Institutos).

SORTEO: 16 de outubro de 2024. Hora: 13.00 horas

A Xunta Electoral estará integrada pola directora do centro, unha profesora ou profesor, unha nai ou pai ou persoa titora legal e unha persoa representante do persoal de administración e servizos, designados por sorteo público no que se preverá a designación de membros supolentes.

Oseiro, a 11 de outubro de 2024

A directora

Mª Concepción Sánchez Vaamonde

COMUNICADO AVISO ALERTA METEREOLÓXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS en toda Galicia desde as 6h ata as 14h.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O MÉRCORES 9 en todos os centros educativos de Galicia.

  2. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

Moitas gracias pola súa colaboración e un saúdo.

Manuel Vila López

Secretario Xeral Técnico da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

 

CENTROS PARTICIPANTES EN VOZ NATURA 2024-2025

Publicouse a listaxe de centros admitidos en Voz Natura 2024-2025 ( na páxina 2)

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2024/2025

A Delegación do Goberno en Galicia anuncia que durante todo o curso 2024-2025 volven estar dispoñibles para centros educativos e AMPAS-AFAS, charlas impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Este Plan contempla, entre outras accións, formacións que versan sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación ou a prevención dos delitos sexuais.

A Alta Inspección de Educación, coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, coordina o Plan Director, que neste curso amplía a oferta de charlas formativas e informativas destinadas ao alumnado e profesorado, poñendo énfase na prevención da violencia sobre a muller e as actitudes discriminatorias por razón de xénero. Trátase tamén de seguir incrementando o número de familias asistentes ás charlas, con novos formularios de solicitude e accións destinadas a seguir aumentando a participación.

Para poder participar a ANPA anéxase a seguinte documentación no adxunto.

Solicitude ANPA

Carta do Delegado

Instrución Nº6/2023 da Secretaría do Estado de Seguridade

Datos de contacto

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SECRETARÍA 2024-2025

De luns a venres,

de 9.15 a 13.15

NOVAS: ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES

A atención da comunidade educativa,

publicouse no DOG do 18 de setembro a Resolución do 10 de setembro pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Picade AQUÍ,  acceso ao DOG

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut