Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

 

O vindeiro curso escolar 2024-25 comezará o día 11 de setembro de 2024 e rematará o 20 de xuño de 2025.

Haberá tres períodos de vacacións escolares, que son o de Nadal, do 23 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive; o do Entroido os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025, e o de Semana Santa, do 14 ao 21 de abril de 2025.

Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro.

A orde de calendario tamén recolle que para o vindeiro curso, as probas de avaliación de diagnóstico fixadas polo Goberno do Estado a través da LOMLOE para 4º curso de Primaria e para 2º de ESO realizaranse entre o 1 e o 11 de abril de 2025.

Canto ao período de adaptación para o alumnado de 4º curso de Educación Infantil,  os centros poden optar por unha incorporación gradual que non se prolongará máis aló do 17 de setembro.

No que atinxe ao servizo de comedor escolar, en todos os centros públicos funcionará desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

 

ENTREGA DA CESTA DO SORTEO

O mércores 10 de xullo entregamos a cesta do sorteo para a viaxe a Leitariegos. Fixo tamén a entrega do vale de 100€ a persoa do CCAA de Arteixo. Os nosos parabéns á familia gañadora!!!

ANEXO II. CORRECCIÓN

Facilítase o impreso de Autodeclaración  ANEXO II para as familias que o necesiten facer de novo correctamente.

COMEDOR. CORRECCIÓN DE ERROS NAS INSTRUCIÓNS DE COMEDORES 1/2024, 2/2024

Publícanse  no adxunto as correccións nas instrucións emitidas pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

NOVAS

Cambio no equipo directivo dende o 1 de xullo de 2024. O equipo queda constituído por:

- Mª Concepción Sánchez Vaamonde, directora

- Clara Cabello Gálvez, xefa de estudos

- Miguel Ángel Mira Rey, secretario.

PUBLICACIÓNS

Publícanse os días:

8 de xullo, listaxe definitiva de admitidos e non admitidos no servizo de comedor.

9 de xullo, listaxe definitiva do fondo de libros de 3º e 4º.

As listaxes están publicadas no taboleiro interior do centro.

RELACIÓN DEFINITIVA DE SECCIÓNS BILINGÜES ADMITIDAS 2024/2025

Saiu publicada a listaxe de novas seccións bilingües admitidas. No noso centro, no nivel de 4º de educación primaria na área de Educación Plástica e Visual.

TODO TEN UN COMEZO...VIAXE A CÓRDOBA

Como todo ten un comezo...non vos perdades este vídeo no autobús de camiño a Córdoba co alumnado de sexto.

Na galería están as fotos da viaxe que vos traerán moitísimos recordos. Esperemos que vos gusten!

Picade na ligazón e tedes o acceso:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=159

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE LIBROS DO FONDO

Publicación listaxes provisionais do fondo de libros: 4 de xullo

A partir desta publicación, os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación no menú "Cidadán".

Aplicación: Fondo de libros

Prazo de reclamacións: 2 días ( 5 e 8 de xullo)

Publicación listaxes definitivas: 9 de xullo.

Publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar.

O equipo directivo

 

AVISO RECOLLIDA DE VALES

Ante consultas chegadas ao centro, informarvos que non se dará información sobre a xestión de vales fóra do que é a presencial para a súa entrega, de ser o caso,  por protección de datos.
A entrega dos mesmos será os días 3, 4 e 5 de xullo en horario de 9.30 a 13.30.

Os vales que non se recollan entregarémolos en setembro  a partir do día 2.

Recordade tamén que podedes autorizar a outra persoa se vos é máis doado.

A partir da publicación da listaxes provisionais do fondo podedes acceder a aplicación do fondo de libros na carpeta de CIDADÁN para ver o estado das axudas.

Distribuir contido


by Dr. Radut