Skip to Content

NOVA XORNADA CON XABIER MACEIRAS

Hoxe día 6 de xuño o alumnado de 5º de Educación Infantil estivo en Suevos onde coñeceron as praias de Area Grande e a do Porto. Tamén aprenderon que Suevos foi un importante porto baleeiro. Facía moito, moito tempo que non se vían baleas nesta parte de Suevos e as nenas e os nenos conseguiron que volveran.Aquí deixamos unha mostra.

 

COÑECENDO OUTROS CLUBS DE LECTURA

O alumnado do club de lectura compartiu opinións sobre lecturas levadas a cabo neste trimestre co centro CEIP Rosalía de Castro de A Coruña, a través de vídeochamada.

Máis información PICA aquí

 

VISITA POLA CONTORNA CON XABIER MACEIRAS

O alumnado de 4º de educación infantil realizou unha pequena andaina pola contorna para coñecer que moi cerca do centro existiron castros como o de Langosteira, o de Galán, de Pastoriza e Rañobre, aldea que se ve desde o colexio.

Construiron o seu propio castro e despois o colorearon na clase.

Moitas grazas, Xabier!

VIAXE NO TEMPO PARA COÑECER OS PETROGLIFOS DE BAER

O alumnado de 6º de E.I fixo unha fantástica viaxe no tempo con Xabier Maceiras coñecendo os petroglifos de Baer e Fontes Vellas a concentración rupestre máis antiga do concello de Arteixo.

 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Son traballos feitos polo alumnado de 3ºA e 3ºB (maquetas de ecosistemas e compromisos de cada alumna e cada alumno co planeta)

 

 

O ALUMNADO DE 3º VISITA O CONCELLO DE ARTEIXO

Actividade EDUCAR O SER: AS FORTALEZAS, OS VALORES E AS EMOCIÓNS

Achégase a actividade para familias: Conversa coas familias, organizada polo CFR de A Coruñae e o Concello de Arteixo.

Data: 5 de xuño de 2024

DESPEDIMOS A CHERRIE, A PROFE AUXILIAR DE CONVERSA

Hoxe 31 de maio, remata a súa tarefa docente, Cherrie, a auxiliar de conversa que nos acompañou durante o curso.

Moitas grazas, Cherrie!!!!

 

O CEIP DE GALÁN É FINALISTA DOS VI PREMIOS DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ " O VELLO DOS CONTOS"

O CEIP de Galán resultou finalista nos VI premios de podcast Xosé Mosquera Pérez, "  O vello dos contos" no cal participaron algunhas alumnas e algúns alumnos de quinto de primaria. Temos o convite á gala de entrega de premios o 7 de xuño de 2024 ás 11.30 horas no IES  Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

O podcast é de centros educativos de primaria e secundaria das catro provincias galegas.

Os podcasts finalistas do 6º Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, na categoría de primaria foi para nove centros, entre eles o noso:

CEIP de Galán ( Arteixo- A Coruña)- Unha máquina do tempo en Arteixo.

O CEIP LOS VALES DE LAGUNA DEL DUERO VISITA O NOSO CENTRO

Os vindeiros días 27, 28 e 29 de maio visitarannos durante os tres días e en horario de mañá o CEIP Los Valles de Laguna del Duero de Valladolid.

A visita englóbase dentro do Proxecto Agrupaciones de centros educativos 2022-2024.  Asistirán vinte alumnas e alumnos de sexto de primaria e dúas profesoras.

Publicaremos máis novas sobre as actividades realizadas nesta entrada.

Distribuir contido


by Dr. Radut