Chegamos á recta final deste curso e o noso club de lectura tamén terá nestas semanas as últimas actividades. Ademais dos tradicionais faladoiros sobre os libros lidos neste trimestre, teremos un debate con algúns invitados especiais e un obradoiro de elaboración de cómic coa autora María Brenn, que terá lugar o mércores 22 de maio ás 12:00 na biblioteca do centro. María é xa coñecida polos alumnos e alumnas do club de lectura, xa que limos o seu cómic Ula e Vinca este curso. Por último, nos últimos días antes das vacacións celebraremos unha merenda literaria con algunha larpeirada e... tamén algúns premios!
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas na BiblioGalán.
Música de violinos soaron na Bibliogalán polo Día das Letras Galegas e pola coruñesa Luísa Villalta cunha lectura musicada do libro Luísa Villalta: sempre infinita de Bea Mejuto e Bea Gregores por parte do noso alumnado de cuarto e sexto de Educación Primaria e a música en directo das nosas compañeiras Valentina, Laura e Sofía que interpretaron pezas da música tradicional galega como Vivir na coruña que bonito é, A Rianxeira ou a Muiñeira de Chantada entre outras.
Por un problema técnico na aplicación as listaxes definitivas non se publicarán ata o día 22 de maio que é o prazo límite indicado na aplicación.
As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay axudan a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e ralizando actividades sobre a celiaquía co alumnado do comedor.
O Día Internacional das Familias é unha conmemoración que se celebra anualmente o 15 de maio desde 1994, instaurada pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993.
O alumnado de 5ºB do noso centro realizou unha postal para entregar ás súas familias. Aquí tedes un exemplo. Feliz Día!
O luns 13 de maio asistiron, xunto as súas familias, as nenas e os nenos das Escolas de Infantil de Barrionovo e Vilarrodís e da Gardaría Vagalume.
Entre as actividades realizadas fixeron un debuxo, unha actividade musical e apadriñamento polo alumnado de primeiro do noso centro. Entregámoslles unha camiseta de agasallo e tomaron unhas galletas no comedor do colexio.
No blog de BiblioGalán podedes atopar máis información sobre o apadriñamento.