Skip to Content

PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO PLAMBE 2024

O 3 de abril a persoa coordinadora da biblioteca do CEIP de Galán participou no coloquio de boas prácticas con tres centros recén incorporados ao #PLAMBE: CEIP de Galán (Arteixo), IES do Barral (Ponteareas) e o CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) no Auditorio Neira Vilas – Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela .

Imaxes na ligazón.

 

https://x.com/bescolaresgal/status/1775558916937581042?s=46&t=dfaqGDE1zztdDgaT2p8nhA

MENÚ PRIMEIRO TRIMESTRE 2024-2025

 

PUNTO LARANXA NO CENTRO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar,  así como a actualización do Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, que está publicado nesta páxina no apartado de convivencia.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do Punto Laranxa.

É un espazo físico e virtual. O Punto Laranxa físico está instalado na planta baixa, na hall da entrada, visible e accesible para toda a comunidade educativa.

O Punto Laranxa Virtual está habilitado na páxina web do colexio na barra dereita. Os usuarios e usuarias disporán dun formulario cun único campo de texto para escribir a súa mensaxe.

Aquí tedes a imaxe tal como queda no noso centro.

ENCONTROS DEPORTIVOS PROFESORADO- ALUMNADO SEMANA SANTA 2024

Os encontros están organizados polo departamento de Educación Física do centro. Os xogos nos que participará alumnado e profesorado son: Datchball, Volei e Ultimate.

Educación Infantil

Celebrou un encontro deportivo entre as mestras e o alumnado o mércores día 20 nas dúas primeiras sesións da mañá.

Educación Primaria

No caso de Educación Primaria, os xogos son o xoves día 21 de 9:30 a 11:45 horas aprox.

Nestes xogos participará activamente o alumnado dos diferentes niveis de sexto (A,B,C), mentres que o resto do alumnado de Educación Primaria, acudirá en turnos rotativos ao pavillón para visualizar e animar nos diferentes encontros que se realicen no turno indicado.

Fotos da actividade na Galería, podedes acceder na ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=150

 

 

 

VACACIÓNS SEMANA SANTA

As vacacións de Semana Santa abranguen do 25 de marzo ao 1 de abril, ambos os dous incluídos.

CONTINUAMOS COAS SAÍDAS DE XABIER MACEIRAS

Continuamos coas saídas da man de Xabier Maceiras. Esta vez co alumnado de 2º e 3º de educación primaria.

O alumnado de 2º de educación primaria visitou Punta Langosteira onde coñeceu o litoral arteixán e se lles falou das antigas torres vixía de Sorrizo e Suevos, do telégrafo, das baleas...

 

O alumnado de 3º de educación primaria  soubo da existencia dunha antiga fábrica de curtidos que lle dá nome a unha rúa da zona, Rúa do Monte da Fábrica, en Oseiro. Viron as paredes do curtidoiro e coñeceron o proceso de transformación das peles dos animais en coiro.

Máis imaxes na galería, moitísimas grazas Xabier!

Grazas tamén a Policía Local de Arteixo que colaborou na realización desta saída!

 

CHARLA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES. ACTIVIDADE DO CONCELLO DE ARTEIXO

O alumnado de 2º participou, o venres 15 de marzo, nunha charla sobre hábitos saudables e da importancia de manter ditos hábitos para ter unha boa saúde.

 

 

PROXECTA + AS NOSAS ACTIVIDADES

Aquí tedes a ligazón ao blog do Proxecta +

https://alimentatebengalan.blogspot.com/2023/04/plan-proxecta-alimentate-ben.html

 AS NOSAS ACTIVIDADES

O alumnado de 4º B fixeron uns traballos fantásticos sobre diferentes froitas e asistiron ás aulas de Segundo a presentalas. Estamos aprendendo un montón! Grazas compañeiras e compañeiros!

 

Estampado de froitas en 2º A

O alumnado de 2ºA fixo estas pequenas obras de arte convertindo estas froitas estampadas en cartolinas, en personaxes.... Uns artistas!!!

Estampado de froitas 2º B

O alumnado de 2º B converteu as froitas estampadas en animais invertebrados.... A que quedaron chulísimas?

Estampado de froitas 2º C

Pois os alumnos e  as alumnas de 2º C decidíronse por convertir as súas froitas estampadas en medios de transporte!!! Quedaron espectaculares!!!!

Un mural diferente... Así son os Segundos!!!

O alumnado de 2º A cos seus personaxes, 2º B cos seus invertebrados e 2º C cos seus medios de transporte.... estamparon froitas primeiro en cartolinas, logo déronlle o seu toque persoal..... e o resultado foi esta auténtica marabilla de mural!!!

 

Recuncho da froita de 2º de E. Primaria

O alumnado de segundo armou no seu pasillo un xigante recuncho da froita, para salientar a importancia da froita nas nosas vidas, non como algo esporádico senón como un hábito saudable que debemos incorporar á nosa vida cotiá.

TAMÉN RECICLAMOS!!

Os restos da froita aproveitámolos para facer compost no noso composteiro e así poder logo abonar o noso horto.

ALUMNADO DE 4º COÑECENDO A CONTORNA DA MAN DE XABIER DE MACEIRAS

O luns 11 e martes 12 de marzo, o alumnado de 4º de educación primaria realizou a actividade de Roteiro de Lendas. Comezaron no Berce e falaron da lenda da Virxe de Pastoriza. Despois baixaron á fonte da igrexa e coñeceron a lenda do pirata inglés, Drake. En Larín contáronlles a lenda dos Xentís ou Xigantes, coñecendo tamén a figura de Dora Vázquez, escritora e mestra. Exerceu de mestra na escola de Larín (naquel momento había unha escola para nenas e  outra escola para nenos). A actual biblioteca da Urbanización Sol y Mar leva o seu nome. Para rematar a saída fixeron unha parada na Praia de Sabón e descubriron a lenda da Constanza.

Podedes ver fotos na ligazón da galería:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=14

Aquí vos deixamos unha montaxe con imaxes. O alumnado veu encantado da saída!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut