O martes 2 de abril a clase de 5º A visitamos o supermercado Eroski en Arteixo. Antes da visita recibimos na propia aula unha charla formativa por persoal de Eroski, sobre os alimentos, sobre os postos de traballo que había e sobre todo da importancia de coidar a alimentación.
Fomos en autobús e xa alí visitamos as diferentes seccións. Na sección de peixería aprendemos as diferencias entre o peixe azul e o peixe blanco, blanco; na zona dos lácteos como revisan os produtos caducados e así ata acabar todas as seccións. Unha vez rematadas as seccións tiñamos preparada unha pequena merenda con zumes, iogures, queixo, sandía, melón, amorodos... A continuación da merenda realizamos xogos de adiviñar froitas cos ollos vendados, co tacto e co gusto.
Por último entregáronnos unha mochila cun plátano, unha laranxa, unha mazá, unha botella de auga, unha bolsa para mercar e un cheque aforro.
PASÁMOLO XENIAL! Redaccción: Alumnado de 5º A