Skip to Content

Animación á lectura

COMEZA O ENTROIDO EN PEDROUZOS!

Lupiña, a mascota da biblioteca, ten moitas ganas de festa e para "quentar motores" ao longo da próxima semana vainos  pedir que cada día traíamos ao cole un adorno diferente.

 

 

lupinha

VENRES 4 MARZO

venres

 

“A AVENTURA DE LER”

MOCHILAS VIAXEIRAS

Están chegando ás casas dos nenos e nenas de primeiro e de segundo unhas mochilas cargadas de fantasía, información, diversión e con ganas de ser compartidas por todos, tanto nenos como pais, irmáns ou avos.
Fixemos unha escolma de materiais da biblioteca para que  os nenos a disfrutaran coa súa familia ao longo dunha semana e compartirán as emocións e os coñecementos que a lectura pode aportar aos nosos cativos.

Festival Cine de terror

O venres quixemos celebrar no colexio "O Samaín" e ademáis da mostra de cabazas realizadas polas familias, tivemos o I Festival de Cine de Terror de Pedrouzos. Ao longo do día os nenos e nenas puideron asister ao pase dalgunha destas película de medo "O Pequeno Vampiro", "A Momia", "A familia Monster", "Pesadilla antes de Nadal"... foi un día arrepiante!

Concurso "Ler e escoitar"

Rematouse esta semana a primeira fase do Concurso de lectura en voz alta "Ler e escoitar".

Os gañadores foron dous alumnos de quinto, Simón e Martiño, na modalidade de grupo e Maria como participante individual.

Esta actividade recibiu unha boa acollida entre o alumnado do terceiro ciclo e a participación foi numerosa. O feito de que as lecturas realizadas tiveran gran nivel, fixo que para o xurado fora difícil realizar a elección.

Parabens aos gañadores e agradecer a todos os participantes a ilusión e a interese amosada!

Leo con Lionni

Queremos conmemorar o centenario do nacemento deste gran artista, clave na literatura infantil. Leo é autor de obras tan coñecidas como "Pequeno azul e pequeno amarelo", "Frederick", "A casa máis grande do mundo"... moitas delas publicadas de novo por mor deste aniversario.

Temos programadas diversas actividades dende unha exposición coas súas obras na biblioteca, unha Webquest sobre a súa vida, traballar en plástica as súas técnicas: Collage, ceras, estampacións...

Xa vos iremos informando das experiencias que realicemos!

Foto de Leo Lionni

I Concurso de Lectura en voz alta


A Consellería de Educación convoca o I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO.
O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública.
O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores ganadores e para os centros de procedencia.

Dende a biblioteca parécenos unha actividade moi interesante para promover entre o noso alumnado esta modalidade de lectura.
Agardamos que sexan moitos os nenos que participen e xa iremos informando do desenvolvemento deste certame.

A historia da Raíña Lupa

Lupiña volve a visitarnos para contarnos a historía da Raíña Lupa, moi vinculada ao Apóstolo Santiago, tamén propóñenos un divertido xogo de pistas.

Letras Galegas 2010

Imaxe de Celso Sanmartín

Entre as actividades propostas para conmemorar o día das Letras Galegas, contamos coa presenza de Celso Sanmartín. Fixo as delicias do noso alumnado coas súas estupendas e divertidas historias, acompañadas con cantarelas e recitados. Neste vídeo podemos velo e escoitalo propoñéndonos unha adiviña que prometeu resolver a próxima vez que viñera por Brión. A ver se sodes quen de atopar a resposta?

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido