Todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo que agardan para ser contados o día 31 de outubro, véspera da conmemoración do Samaín.
Os/as improvisados/as contadores serán mestres/as do centro que ese día transformaranse en terrorríficos narradores. Ao longo desta semana o alumnado, acompañado polo seu titor/a percorreu os corredores para ver as portas e anotarse "os/as máis valentes" nalgún deses contos.
Agradecemos a colaboración da anpa Andaravía na realización deste vídeo.