Skip to Content

Animación á lectura

14 febreiro, día do Amor e da Amizade

Os nosos rapaces e rapazas escribiron un feixe de cartas aos seus amigos e tamén aos "maís que amigos". Tivemos unha carteira moi especial que foi a encargada de facer o reparto. Algúns nenos, nenas e tamén algúns profes quedaron ben sorprendidos ao recibir estas agarimosas mensaxes.

Grazas Vanesa pola túa axuda!

Ver máis fotos

Corazón repartindo as cartas

CARTAS DE AMOR E AMIZADE

Quen non ten no cole un amigo ou amiga especial a quen lle gustaría adicar unhas palabras fermosas?

Por que non decirlle a esa persoa porque é tan importante para ti?

Podes escribir unha carta dirixida a un neno ou nena do cole e falarlle dos teus sentimentos cara ela. As cartas serán anónimas e nós llas faremos chegar aos seus destinatarios o día 14 de febreiro. Anímate e abre o teu corazón, seguro que ao teu amigo ou amiga lle encanta recibir a túa carta!

FILM FESTIVAL

A próxima semana celebraremos na biblioteca un "Film festival". No recreo do comedor proxectaranse películas en Inglés. As peliculas foron seleccionadas pola profe de inglés Teresa e son adaptadas para que os nenos e nenas as poidan entender e seguir. Este é a programación: luns e martes Wizadora, mércores Postman Pat, xoves e venres The Wrong Trousers.

Story-telling week !!

A próxima semana na biblioteca realizaremos unha nova actividade: Lectura de contos en inglés.

Alumnos do centro anglofalantes e Melissa, asistente de conversa, farannos disfrutar de relatos na súa lingua orixinal.

Podedes consultar o programa no blog da profe de Inglés Teresa

Gañadora concurso "Unha Árbore de Libros"

Xa temos gañadora do concurso que fixemos no Nadal no que había que calcular o número de libros que contiña a nosa especial Árbore. Eran 255 e quen máis se aproximou a este número foi Tainnara Casais da Silva de 6º A. A cantidade que ela estimou foi de 258 libros.

Parabens Tainnara e pasa pola biblioteca do centro para recoller un pequeno agasallo!

"Fiz o coleccionista de medos"

fotografía dos nenos co baúl de Fiz

No Samaín todo xira ao redor de personaxes e situacións que producen medo. Nós queriamos coñecer os medos dos nosos alumnos máis pequenos. Así que aproveitamos o conto de “Fiz, o coleccionista de medos” para falar cos rapaces sobre este tema. Fixemos como Fiz e para rematar con todos os nosos medos os gardamos baixo chave nun baúl que temos na biblioteca.

Agora non os deixaremos sáir e non volverán a asustarnos!

II Ciclo de cine de Medo. Especial TIM BURTON

Xa chega o Samaín!

Se es valente e non tes moitos medos poderás gozar do 24 ao 28 de Outubro do II Ciclo de cine de medo que celebraremos no cole.

Este ano faremos un especial sobre Tim Burton e proxectaremos algunhas das películas máis coñecidas e  arrepiantes deste director de cine americano. Tamén teremos a oportunidade de coñecelo un pouco máis a través dun documental que veremos o derradeiro día.

Agardámoste na biblioteca despois do comedor (15:30 h). E... prantalle cara ao medo!!

Fotografía dos carteis do ciclo

PARABENS CARMELA!

No cole estamos todos moi ledos! Carmela Vieites, alumna de quinto de primaria do noso centro, acaba de ser unha das gañadoras no VIII certame literario organizado polo concello de Ames na modalidade de narrativa.

Carmela presentou un conto feito nun traballo escolar e titulado "Don Pepé, vía teléfono". Esta pequena escritora verá publicada a súa obra e nós dende a biblioteca, estamos desexando coñecer o seu relato!

Contos solidarios con Anxo Moure

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Anxo Moure chegou, ben cediño, á nosa escola montado na súa Bibliobici. Anxo é unha persoa singular, pertence ao proxecto Contos Solidarios e percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica... reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos , no que nos poidamos refuxiarnos para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

o martes, 5 de abril, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos.


Distribuir contido


by Dr. Radut