Este trimestre desenvolvimos un proxecto documental sobre a figura de Leo Lionni, aproveitando a conmemoración do centenario do seu nacemento. Tivemos un primeiro contacto con el a través dunha animación na que nos falaba de se mesmo, investigamos sobre a súa vida a través dunha Webquest, puidemos ler e disfrutar das súas historias e ilustracións na exposición que houbo na biblioteca, coñecimos algúns dos seus libros-albúms e ata intentamos imitar as súas técnicas plásticas, facendo algún dos animais que tanto lle interesaron.(ligazón á galeria de fotos)
Foi un proxecto moi completo e permitiunos compartir aprendizaxes, coñecementos e emocións.