Rematouse esta semana a primeira fase do Concurso de lectura en voz alta "Ler e escoitar".
Os gañadores foron dous alumnos de quinto, Simón e Martiño, na modalidade de grupo e Maria como participante individual.
Esta actividade recibiu unha boa acollida entre o alumnado do terceiro ciclo e a participación foi numerosa. O feito de que as lecturas realizadas tiveran gran nivel, fixo que para o xurado fora difícil realizar a elección.
Parabens aos gañadores e agradecer a todos os participantes a ilusión e a interese amosada!
Agardamos que os nosos representantes pasen á seguinte fase do concurso que será a nivel autonómico!