Arzúa a 2 de Marzo de 2009
Arzúa a 2 de Marzo de 2009
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2009-2010.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO
Os prazos para os tres trámites mencionados son:
Reserva de praza no centro de adscrición (IES de Arzúa) |
1 a 15 de febreiro |
Sorteo público de dúas letras para desfacer posibles empates |
3 de marzo |
Publicación de vacantes |
1 de marzo |
Presentación de solicitudes |
Do 1 ao 31 de marzo |
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión (se hai máis demanda que oferta) |
Do 1 ao 20 de abril |
Publicación provisional das listaxes de admitidos e non admitidos |
Antes do 30 de abril |
Reclamación ás listas |
5 días hábiles |
Publicación definitiva de admitidos e non admitidos |
Unha vez resoltas as reclamacións |
Formalización da matrícula |
Do 20 ao 30 de xuño |
Este curso, estamos traballando como tema central no cole O MEDIEVO. Por iso, queremos descubrir moitas das cousas que aconteceron nesta época. Só tedes que pinchar na imaxe para poder divertirvos cun proxecto que elaboraron nun colexio de Asturias a través do que pretenden achegar o mundo medieval aos máis pequenos. Disfrutádeo e aprendede moito!!
Coa chegada do outono comezaron a aparecer os primeiros fungos do contorno. Despois de facer varias saídas...o alumnado fixo unha recolleita das distintas especies . Mira que bonito!
Os nenos do 2º ciclo disfrutaron ,¡xa veredes!, da visita ao Parlamento un día pola mañá do primeiro trimestre.
En tempos de entroido veu visitarnos esta fermosa dama da época medieval. Está a facernos pasar un bo entroido, pois cada día convídanos a traer un adorno, estas son as consignas que nos deu:
LUNS: turbante, MARTES: colar, MÉRCORES: pluma, XOVES: cinturón, VENRES: todo.
Arzúa (A Coruña), 12 de febreiro de 2009
A titular de Pesca, Carmen Gallego Calvar, xunto coas responsables de Educación, Laura Sánchez Piñón, e de Sanidade, María José Rubio Vidal, presentou no CEIP de Arzúa (A Coruña) as actuacións que está previsto desenvolver no marco desta iniciativa ao longo do ano 2009, en concreto entre os meses de febreiro a maio e de outubro a novembro. Ademais participaron xunto cos escolares deste centro, no xantar a base de peixe que se lles ofrece no marco desta iniciativa. ver máis >> Os parabéns para a encargada << Menús saudables
Na aula de 5 anos convertémonos en pequenos científicos para crear unha ÁRBORE XEADA!
Para iso precisamos:
-base de plástico -lupa -árbore de cartón (con tinte verde nas puntas) -solución máxica(alumino potasio sulfato)
Cando xa tiñamos todo listo, colocamos a árbore na base de plástico e a profe Rocío botoulle a solución máxica con moito coidado. Tivemos que agardar un pouquiño, e puidemos ver como a nosa árbore medraba e medraba e as súas pólas convertíanse en pequeniños cristais que miramos ca lupa para velos mellor.
Canto máis tempo pasaba máis medraba a nosa árbore!!
Deixamos unhas fotos para que vexades o cambio.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |