Na aula de 5 anos convertémonos en pequenos científicos para crear unha ÁRBORE XEADA!
Para iso precisamos:
-base de plástico -lupa -árbore de cartón (con tinte verde nas puntas) -solución máxica(alumino potasio sulfato)
Cando xa tiñamos todo listo, colocamos a árbore na base de plástico e a profe Rocío botoulle a solución máxica con moito coidado. Tivemos que agardar un pouquiño, e puidemos ver como a nosa árbore medraba e medraba e as súas pólas convertíanse en pequeniños cristais que miramos ca lupa para velos mellor.
Canto máis tempo pasaba máis medraba a nosa árbore!!
Deixamos unhas fotos para que vexades o cambio.