QUEN NOS VISITOU?

Unha das actividades para motivar os alumnos/as é que coñezan os autores e ilustradores dos libros que están a ler.

!  Hai que ver como lles gusta sentirse preto deles e que lles asinen esas historias que tanto os fan pensar e imaxinar mundos de fantasía.... !

Queredes saber quen pasou? Pincha  aquí

.

Nova web dos EOEs con enlaces interesantes

E.O.E.s

http://centros.edu.xunta.es/contidos/eoe/

Para buscar información sobre os
Equipos de Orientación Específicos e información sobre diferentes necesidades educativas de atención especial: deficiencias motoras, deficiencias auditivas, visuais, conductuais, intelectuais, sobredotación...etc

O DEPORTE ESCOLAR: MINIBASKET, FÚTBOL SALA E XADREZ

Logo competición

Un ano máis participamos na campaña de Promoción do Deporte en Idade Escolar nas modalidades de minibasket, fútbol sala e xadrez dentro das categorías benxamín e alevín co fin de fomentala relación entre os nosos alumnos e os do CPI de Touro.
Nestas xornadas deportivas, que comezaron o 13 de Febreiro, os nosos equipos estrearon unha nova equipaxe, os de fútbol petos azuis e os de minibasket petos vermellos.
Dende a área de Educación Física, noraboa a tódolos/as xogadores/as pola vosa participación e deportividade así como polo traballo, o esforzo e o sacrificio do tempo dos vosos recreos para o adestramento.

Se queredes ver as fotos dos encontros celebrados tanto no CPI de Touro como no CEIP de Arzúa, pinchade aquí.

 

O LIBRO VIAXEIRO DE 1º A

Con motivo da profesión de escritor/a e ilustrador/a, os nenos e nenas de 1º A van facer un libro titulado O NOSO LIBRO VIAXEIRO onde cada un fará o seu conto co personaxe que lle sexa asignado e para a súa ilustración poderá empregar a técnica que elixa, a que máis lle guste ( collage, debuxo, recortes, fotografías...)

A nova, en primicia , é que o de viaxeiro vai polo de ir de casa en casa para facer esta profesión de escritor e ilustrador axudados , como ata agora, pola insustituible colaboración de pais e nais. Cada neno/a terá unha semana, de venres ao seguinte luns para facer o seu conto e ilustralo, claro está. Rematado ese prazo traerá de novo o libro viaxeiro para que o leve outro compañeiro/a e así sucesivamente ata que o fagan os catorce fantásticos alumnos e alumnas desta clase.

Cada conto non pode ocupar máis dunha páxina polo dous lados. Así ao remate desta actividade terán un libro feito por eles mesmos, escrito e ilustrado , un gran mérito profesional, que é iso o que se pretende

Estou segura que o noso libro viaxeiro vai ser un éxito!

libro viaxeiro.jpg

Os do 1º Ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, sí, sí facer de apicultores

Os nenos e nenas do 1º ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, en Dombodán, a traballar, que digo ,aprender un pouco da profesión de apicultores, para entender mellor a apicultura como aproveitamento do monte: as abelliñas pasan mil e un traballos para que nos poidamos tomar ese preciado tesouro, o mel.

Se queredes saber algo non tedes máis que preguntarnos aos nenos e nenas que para iso puxemos moito interese!

Para velo reportaxe fotográfico non tes máis que pinchar aquí

431.JPG

COMPETICIÓNS DE ATLETISMO NAS QUE PARTICIPAMOS


Amosamos aos atletas do CEIP de Arzúa nas fases comarcais, intercomarcais e no campionato provincial de "Campo a Través" durante o presente curso. A nosa participacion foi numerosa (69) alumnos e nos clasificamos para a fase provincial celeberada en Santiago de Compostela. Grazas a todas e todas pola vosa participación. Premendo aquí, podedes ollar as fotografías das competicións que iremos ampliando segundo as demandas das mesmas.
 

 

 

OS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTAN

Todos os días a profe despois do recreo cóntanos un conto, e hai algúns que nos gustan especialmente, sendo un dos nosos favoritos  o dos tres porquiños.


Queredes velo?

OLLADE OLLADE.......!!! CANTAS COUSAS FACEMOS NO COLE!!!

Ola a todos!

A nosa profe e máis nós queremos compartir con todos vos as nosas aprendizaxes, aventuras,os nosos amigos, en definitiva, toda a morea de cousas que imos aprendendo nesta gran escola . Por iso vos amosamos dende aqui algunhas das fotos para que vos fagades unha idea de TODO O QUE FACEMOS!!!!

Pinchade aqui e accederedes a todos os nosos secretos......

SorprendidoSorprendidoSorprendidoSorprendidoSorprendido

A clase de 2ºB tamén forma parte da web do cole

Temos  fotografías dos nosos traballos para que as vexades  dende aquí

A rota de sendeirismo polo contorno do 1º Ciclo

O pasado trimestre o 1º Ciclo fixo sendeirismo polo contorno dentro do Plan valora e traballamos distintos aspectos.

  • Ordenación do monte
  • Limpeza do monte
  • Prevención de incendios
  • Aproveitamento do monte: Micoloxía

Se desexades ver as fotos que fixemos pincha aquí

Powered by Drupal - Design by artinet