O LIBRO VIAXEIRO DE 1º A

Con motivo da profesión de escritor/a e ilustrador/a, os nenos e nenas de 1º A van facer un libro titulado O NOSO LIBRO VIAXEIRO onde cada un fará o seu conto co personaxe que lle sexa asignado e para a súa ilustración poderá empregar a técnica que elixa, a que máis lle guste ( collage, debuxo, recortes, fotografías...)

A nova, en primicia , é que o de viaxeiro vai polo de ir de casa en casa para facer esta profesión de escritor e ilustrador axudados , como ata agora, pola insustituible colaboración de pais e nais. Cada neno/a terá unha semana, de venres ao seguinte luns para facer o seu conto e ilustralo, claro está. Rematado ese prazo traerá de novo o libro viaxeiro para que o leve outro compañeiro/a e así sucesivamente ata que o fagan os catorce fantásticos alumnos e alumnas desta clase.

Cada conto non pode ocupar máis dunha páxina polo dous lados. Así ao remate desta actividade terán un libro feito por eles mesmos, escrito e ilustrado , un gran mérito profesional, que é iso o que se pretende

Estou segura que o noso libro viaxeiro vai ser un éxito!

libro viaxeiro.jpg

Powered by Drupal - Design by artinet